As tipografías caligráficas ou manuscritas son aquelas que emulan a escritura manual, xa sexa mediante pinceis, plumas, rotuladores ou calquera outro instrumento de escritura. (+)
Tamén chamadas glíficas ou incisas, son aquelas tipografías evocadoras das gravadas na pedra. Poden ter serifas ou simplemente un pequeno aumento do grosor ao final dos trazos. Debido a estar ciceladas na pedra, non adoitan ter uns paos moi finos. (+)
Chámanselles tipografías con serifas ás que levan remate nos extremos. Teñen a súa orixe na antigüidade, cando se tallaban en bloques de pedra. O tallador, desenvolveu esta técnica para asegurar que os bordes das letras fosen rectos. (+)
Son aquelas tipografías que comparten o estilo propio dunha época ou lugar. Debido á súas formas tan características e a súa personalidade definida e concreta, son apropiadas para dar un carácter histórico ou cultural a un deseño. (+)
A súa aparición remóntase á Idade Media (século XIII) cando os escribas utilizaban a pluma xirada 30º para debuxar as letras. Máis tarde serian tomadas por Gutemberg para facer os primeiros tipos móbiles. Tiveron grande éxito en Europa. (+)
Son tipografías aparecidas no século XX grazas ao gran avance industrial e responden á necesidade do home de comunicarse coas máquinas ou ser mostradas en pantallas pixeladas. (+)
É o resultado da mestura de dúas ou máis tipografías ou estilos distintos polo que non se adaptan a ningunha das demais clasificacións. Por exemplo, mesturas entre tipografías sen serifas con outras que si a teñen. (+)
Tamén chamadas de pau seco, estas tipografías caracterízanse pola ausencia de remates nos extremos. Apareceron en Inglaterra durante a primeira metade do século XIX para uso en impresos comerciais como carteis ou etiquetas (+)