A Corsiva foi creada pola fundición Monotype baixo o encargo de Microsoft como substituta da Zapf Chancery de Hermann Zapf. Igual que esta, moitas outras tipografías famosas tiveron a súa versión para Microsoft para incluír na tecnoloxía TrueImage (a súa versión de Postscript) ou noutros produtos como o sistema operativo Windows ou o paquete de ofimática Office. Esta tipografía chanceleresca está creada co estilo das primeiras cursivas italianas do século XVI, sobre todo baseándose nos fantásticos traballos de Ludovico degli Arrighi, un dos grandes mestres da escritura nese período. As maiúsculas posúen una ornamentación característica, creadas sobre todo para o seu uso como iniciais. Pódese empregar en bloques curtos de texto e sobre todo para dar un toque elegante en invitacións, publicidade, tarxetas, menús ou diplomas.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)