Typecasting. O uso (ou mal uso) da tipografía de época no cine

Mark Simonson

Mark Simonson escribiu este artigo en decembro do 2001. Nel analiza o bo ou mal uso que se fai da tipografía no cine e explica que coñecer a historia e a natureza de cada letra resulta fundamental, se non se quere caer en anacronismos, algúns tan evidentes, coma os cometidos en varias das películas máis coñecidas.


Chocolat (2000, Miramax) non é unha mala película. De feito, acadou cinco nominacións para os premios da academia de cine. Pero se houbese un Óscar para a mellor Dirección Tipográfica, non estaría entre as nominadas.

A historia da película transcorre nunha pequena cidade na Francia de provincias, a mediados da década de 1950. Cara á metade da cinta, o alcalde da cidade anuncia a prohibición de comer calquera alimento, agás pan e té, durante a Coresma (o que, por suposto, coincide coa apertura dunha nova chocolataría). Eu case boto a rir ao ver o titular da noticia. A cabeceira estaba composta en ITC Benguiat, unha tipografía lanzada en 1978 e que foi moi popular nos anos 80.

Quizais o erro sexa imperceptible. A ITC Benguiat foi deseñada imitando o estilo Art Noveau, e se o Art Noveau se seguía a empregar na Francia provinciana dos anos cincuenta, non así a ITC Benguiat, que nin sequera existía.

Quenquera que teña un coñecemento específico nalgún destes ámbitos pode decatarse de pequenos fallos coma estes nas películas. A un amigo meu do colexio que era afeccionado aos teléfonos gustáballe comentar que o tipo de teléfono que saía nunha escena ao final de American graffiti (1973) non existía en 1962. Para él era tan sorprendente coma se de súpeto aparecese Paul Le Mat conducindo un Camaro.

Probablemente non sexa moi realista agardar que se preste un nivel de atención tan alto aos detalles, xa que hai moitas outras cousas importantes das que preocuparse nas películas. O número de persoas que perciben eses anacronismos é moi reducido e amais, raramente se queixan.

Ata aquí, todos de acordo.

Deseguido, presento unha relación polo miúdo de películas que ao longo dos anos foron suscitando o meu interese, ben sexa polo bo ou polo mal uso, que fan da tipografía de época.

Antes de comezar, gustaríame puntualizar que as tipografías empregadas nos títulos de crédito non se tiveron en conta porque están situadas nun plano distinto ao do mundo retratado na película. Por exemplo, a película Eight men out (1988) utilizou nos seus títulos (deseñados por M&Co) a tipografía Módula desenvolvida por Emigré en 1978, cando a acción acontece en 1919. Pódese discutir acerca de cal sería a opción máis axeitada, pero na realidade trátase dunha cuestión de preferencia persoal, non de fidelidade histórica.

O sistema de puntuación vai de unha a cinco estrelas, segundo o ben que for utilizada a tipografía en cada película.

  • ***** Uso prácticamente perfecto da tipografía de época; os erros, no caso de existir, son difíciles de atopar.
  • **** Bo uso da tipografía de época, pequenos erros illados.
  • *** Uso razoable da tipografía, con algúns erros ocasionais importantes.
  • ** Pouca atención á tipografía histórica; o seu uso correcto só está presente nos aparatos que realmente pertencen a esa época.
  • * Ningunha atención á tipografía; só se usaron tipografías gratuítas de Apple ou Microsoft.

Dead men don’t wear plaid ***

(1982, Universal Pictures). Neste caso a película é unha parodia do xénero film noir, polo que os títulos forman parte do universo da película. As seleccionadas aquí, Newport (1932) e Brush Script (1942) pertencen ao período, pero o estilo dos créditos non é o idóneo. Nos anos corenta, os títulos das películas aparecían polo xeral escritos á man e en cartóns que se amosaban na secuencia.

Á parte dos títulos, existe unha coidadosa atención aos detalles. Contrataron a veterana deseñadora de moda de Hollywood, Edith Head (pola que gañou un Oscar) e crearon escenarios e iluminación para mesturar co material existente de películas clásicas. A película recibiu numerosos eloxios por esa atención aos detalles, aínda que seguramente ninguén mencionou o uso da Blippo, un tipo pop-art dos anos 70 nun panfleto dun cruceiro.

Os xornais que se ven en varias escenas son tamén problemáticos. Parécense máis ás publicacións para nenos que aos periódicos reais.

Doutra banda, o uso de marcas (especialmente a escrita a man na caixa de primeiros auxilios) está ben feito. Trátase dunha película moi divertida, pero irregular no emprego das tipografías.

Tucker: The man and his dream ****

(1988, Lucasfilm, distribuida pola Paramount Pictures). Trátase dunha homenaxe de Francis Ford Coppola a Preston Tucker, o xenio automobilístico dos anos 40. Se Tucker continuase ao fronte, todos os coches terían cintos de seguridade de serie en 1950 e estariamos conducindo coches con mellores recursos. En todo caso, é unha gran película, realizada con cariño, que fai un traballo de recreación dos anos de posguerra.

Non hai moita tipografía, pero a que hai está ben aplicada, incluído os títulos, que parecen como se fosen sacados dunha verdadeira película dos anos 40. Hay un lote de boas marcas (coma o letreiro xigante da fábrica TUCKER), aínda que hai un que non está correcto de todo.

A oficina de Tucker na granxa da súa familia ten un letreiro escrito en grande, tridimensional… Helvética. Non sei cómo puideron deixar pasar isto.

Aínda que a Helvética (1957) forma parte dunha longa listaxe de tipos sen serifas que comezaron a saír desde finais do século XIX, non era moi común vela en letreiros americanos ata polo menos os anos 60, especialmente da forma que está usada na película.

Dead again **** */2

(1991, Paramount Pictures) Kenneth Branagh e Emma Thompson interpretan a unha parella moderna, reencarnación doutra pertencente a unha vida anterior, un dos cales foi executado por asasinar ao outro a finais dos anos 40. Os créditos estan formados por unha montaxe de primeiros planos de artigos de periódico que contan a triste historia da parella morta.

As novas están ben feitas, incluso parecen estar impresas con letterpress, como a maioría dos xornasi ata os anos 70. Aínda que, naturalmente percibín algunhas extravagancias. Primeiro, mentres que todas as tipografías utilizadas eran compatibles coa época, a tipografía de texto nas noticias era a Caledonia, un tipo para libros bastante inusual nun xornal. Os diarios utilizaban (e aínda utilizan) tipos para periódico. O outro erro é que aínda que algúns dos titulares parecen impresos con tipos de madeira –unha practica común nos anos 40- teñen o kerning moi ben feito.

Tecnicamente era posible facer o kerning cortando fisicamente partes dun tipo, pero sería impracticable nun periódico.

Ed Wood ***

(1994, Touchstone Pictures) Adoro esta película, pero non polo uso da tipografía.

Empeza ben, copiando perfectamente o estilo de letra dunha película orixinal de Ed Wood dos anos 50 nos créditos de apertura, pero tan pronto aparecen os rótulos e os periódicos, a película empeza a ir costa abaixo. Os titulares das primeiras planas dos periódicos móstranse en varios membros da familia Helvetica xunto con outros titulares aparentemente collidos de periódicos reais (a maioría Erbar Light, 1934).

E aínda máis criticable, algúns deles están opticamente distorsionados –unha práctica que non era común ata a invención da composición dixital de tipos, e que en realidade sería practicamente imposible na impresión de xornais dos anos 50. Outro xenial anacronismo é o rótulo do edificio “Screen Classics” composto en Chicago, a tipografía orixinal do sistema operativo Macintosh (versión True Type, 1991). É moi extraño ver a composición grande, aparentemente feita á man e en tres dimensións, montada na fachada do edificio.

Igual de raro é que o mesmo logo está pintado á man nunha fiestra dunha porta dentro do edificio. Sempre pensei que a Chicago tiña unha extraña aparencia Art Deco. Parece que algunas persoas cren que é unha tipografía Art Deco.

Dende o punto de vista positivo, existen varias pancartas pintadas á man nalgunhas esceas que estan simplemente correctas.

The Hudsucker Proxy ***

(1994, Warner Bros.) Son un gran admirador das películas dos irmáns Coen e esta é a miña favorita. Tipograficamente son unha caixa de sorpresas. O dificil de criticar a tipografía nesta película é que é complicado saber en que década transcurre exactamente. Segundo a historia, sería a finais dos anos 50, pero a veces parece máis dos 40 e incluso dos 30. A pesar de todo, a maioría das tipografías estan, polo menos técnicamente, fora de lugar. Na maioría das veces escolleron tipos que cumpren pero que non existían fai 50 anos. Un bo exemplo é o logotipo de Hudsucker que se parece aos logos dos anos 30 ou 40 pero que en realidade está feito coa Bodega Sans (1991).

Tamén se emprega bastante na película a Univers, unha tipografía sen serifas que –ainda que lanzada en 1957- non foi moi utilizada ata polo menos a finais dos anos 60, especialmente en usos tan de rúa como o cartel dun taller mecánico, por exemplo.

That Thing You Do *****

(1996, 20th Century Fox). Este é unha película moi divertida. Ainda que só tiña 8 anos en 1964, realmente parece captar o espírito e a estética deste período.

Presta unha gran atención aos detalles tipográficos: etiquetas de vinilos, manuais de instruccións, periódicos, incluso envases de medicamentos. Todo está como debería estar.

Alguén fixo ben os deberes (ou gastou moito tempo en tendas de coleccionistas). A tenda de electrodomesticos de The Patterson está tan ben reflexada que parece que pertence ao Smithsonian. Só fun capaz de atopar un pequeno detalle erróneo: Ao principio da película, unha Billboard aparece rápidamente na pantalla con algunhas palabras en Helvetica Bold.

Este é o único detalle algo reprochable.

L.A. Confidencial **

(1997, Warner Bros.). Unha película moi venerada, rigorosamente escrita, con boas interpretacións, belamente rodada, pero bastante mediocre no uso da tipografía. A película sitúase no principio dos anos 50, pero a tipografía non pertence a esa época. “HUSH-HUSH”, unha revista de cotilleos preséntase cunha gran cabeceira feita en Helvetica Compressed (1974).

Un xornal coa data de 1953 ten os titulares en Helvetica Black (1959) e Univers (1957) –tipos que normalmente non estaban dispoñibles en Estados Unidos ata a chegada dos anos 60.

Outro xornal ten a palabra “EXTRA” estampada por todo o ancho da parte superior, expandindo artificialmente a tipografía ITC Kabel Black (1976).

Como punto a favor, existen algúns detalles de boa tipografía nalgunhas partes, ainda que parece que na creación de detalles puntuais utilizaron a intuición.

Pleasantville *****

(1998, New Line Cinema). Esta é unha película que parece estar obsesionada cos detalles, como se esperase ser analizada cun microscopio por un catador de erros coma eu.

Vese perfectamente nos detalles propios da época –non no sentido de cómo foron realmente os 50, pero sí na maneira idealizada en que a televisión os retrataba. Existe realmente moi pouca tipografía nesta película. Creo que atopei un pequeno erro nunha escena do comezo –a Comic Sans (1995) empregada nun spot pseudo-promocional dos anos 50- ata que me din conta de que se supón que estaba feita no presente (seguramente por deseñadores intentando, non con moito éxito, darlle un aire retro).

Se eso foi intencionado, foi un uso moi sutil da tipografía. Existe un gran número de señais e carteis ben feitos á man, e dos que no hai queixa, polo menos tipográficamente.

Almost Famous ****

(2000, Dreamworks SKG). Esta é unha versión ficticia (e entretida) de Cameron Crow contando cómo comezou a escribir para a revista Rolling Stone. Suponse que é 1973, un ano que recordo moi ben. Teño que dicir que fixeron un gran traballo de captación da época ainda que esta non foi fai tanto tempo. Aínda así, hai espacio para erros tipográficos nunha película sobre un mozo que escribe para unha revista. Sorprendentemente, non se ve moita tipografía en pantalla, e o pouco que se mostra é correcto para a época (a pre-versión de ITC da Kabel Black, por exemplo). Excepto nun pequeno detalle preto do final. Eu nunca fun un ávido lector da Rolling Stone nos anos 70, debinme perder iso. Hai unha escea que inclue un primeiro plano dun paquete de revistas que acaban de deixar no kiosco. Aparece a primeira gran portada do xoven aspirante a periodista William Miller.

O logotipo e a fotografía están ben, pero o titular principal está feito en ITC Galliard (1978). Ademáis de estar adiantada 5 anos, ata onde eu sei, esta tipografía nunca se usou na portada da Rolling Stone. [O lector Tim Horrigan sinala que a Rolling Stone tiña unha portada máis pequena antes de 1974, e que o deseño xeral non é o característico da revista nese período.]

Os anacronismos tipográficos das películas non son en realidade un dos problemas máis importantes do mundo. No peor dos casos, reflexa falta de atención por parte da producción, incluso cando todo o demáis está ben acabado. Conseguir a letra correcta non é tan dificil, especialmente hoxe en día cando existen tantas tipografías dispoñibles en formato electrónico. A información histórica sobre tipografía é máis fácil de atopar ca nunca.

© Mark Simonson, 2001.

Artigo traducido por Oscar Otero. Versión orixinal (en inglés): Typecasting: The Use (and Misuse) of Period Typography in Movies

1167 comentarios:

lucia
lutxi1550@hotmail.com

hola! he leido tu artículo y me gustaría saber que tipo de letra utilizan en el cartel de la película" V de Vendetta". Es por que estoy buscando un tipo de letra que pueda ir acorde con temas como el odio, la venganza y el engaño. Me sería de gran ayuda, Muchas gracias y un saludo.

Oscar

Hola. La tipografía que dices creo que es la Futura.

Alfonso Escalona
grafes@mexico.com

Que interesante... resulta encontrar que alguien se haya puesto hacer un análisis estructural de caracteres tipográficos y el entorno o escenario cinematográfico donde se aplican... En lo particular estoy haciendo una investigación en la que el tema central es analizar la creatividad para insertar los créditos preliminares que aparecen precisamente en algunos filmes, resulta que hay ocasiones en las que resulta más ingeniosa la aparición de éstos, que la trama misma de la película... Se aceptan sugerencias y aportaciones... Alfonso Escalona

Anónimo

Para los titulos de crédito de las películas, creo que Saul Bass era todo un maestro y una referencia.

Anónimo

nadab

Jorge
a@@.cl

La cagaste loco! Eres de verdad un fanatico de la tipografía. Jamás hubiera pensado que hay sujetos obsesionados a ese nivel de detalle. Curioso y entretenido, desde Santiago de chile, esperaré más datos curiosos y erorres milimetricos.

marcelo

genial

CDM
mielparaelasno.blogspot.com/

V de Vendetta parece usar una especie de GILL SANS REGULAR

Anónimo

Interesante

Juanjo
www.efimera.org

Oscar, muy divertido; por si te interesa, un artículo sobre la tipografía de los créditos de las películas de Woody Allen:

http://kitblog.com/2007/12/woody_allens_typography.html

Un saludo.

Oscar

Muy interesante! Gracias Juanjo.

patricio
patriciojmedina@hotmail.com

me gustaria saber el nombre de una tipografia tu puedes ayudarme?

Tote
jc_tote@hotmail.com

Ola, necesito alguien k me diga una película en la que se emplee la tipografía helvética en sus créditos. Es urgente x favor. Gracias

MAYRA
mortisia_19@hotmail.com

hola,muy buenos dias,estoy a punto de graduarme en la carrera de diseño grafico y mi tesis sera, la importancia tipografica en el cartel publicitario cinematografico,y me gustaria que me dieran un poco de informacion a serca de este tema, muy buen articulo,saludos y besos.

Juan José
fache99@hotmail.com

hola, soy de México, excelente tu trabajo y critica de la tipografía utilizada en el cine, quiero saber si puedes ayudarme, necesito saber que tipo de tipografía fue utilizada a finales de siglo XIX y principios del XX, especificamente la epoca de la revolución y viejo oeste de estados unidos

Vicente
vicentebelmonte@gmail.com

Hola Juan josé ...a mi me pasa lo mismo. buscaba información sobre "tipografía fue utilizada a finales de siglo XIX y principios del XX" Puedes pasarme algo...

Nombre
doctormentalo.com

Impresionante. Gran artículo.
Podrías decirme que tipografía se utiliza en las películas de los años 60 españolas?
Ejemplo: http://www.youtube.com/watch?v=zk3oWD0YXj8
Muchas gracias. Es para un spot.

Nombre

Daisy
Mes admirable que halla gente que analice de una forma tan critica estos pequeños detalles paraalgunas personas pero imagino que para ti son detalles desastrosos.
De igual forma, tienes mucha razon con las incongruencias que se presentan en la gran pantalla mas encuando a la historia de ciertas tipografias presentadas.
Me gustaria saber si alguna pelicula, le consideras para el *
me entro curiosidad.
Saludos.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.