A ciencia da tipografía

Ellen Lupton

Ellen Lupton publica en Typotheque un artigo que resume as diversas investigacións científicas aplicadas á tipografía que se desenvolveron durante o século XX. Aínda que quizais os métodos utilizados nestas probas non foron de todo acertados, as conclusións ás que se chegaron resultan polo menos interesantes.


A pesar dos heroicos esforzos para crear un discurso crítico sobre o deseño, esta profesión sempre foi gobernada por costumes e intuicións. Interesada en actitudes alternativas, recentemente dediqueime á literatura científica enfocada á tipografía.

Dende finais do século XIX, investigadores de varios campos — psicoloxía, ergonomía, interacción do home co computador e deseño — fixeron diversos test sobre a eficacia da tipografía. Estas investigacións, descoñecidas para os deseñadores máis actuais, infórmannos rigorosamente, quizais dun xeito aburrido e pouco concluínte, de como a xente responde ás palabras escritas nunha páxina impresa ou nunha pantalla.

Que aprendín despois de mergullarme por centos de fotocopias e descargas de xornais con nomes como “Tecnoloxía do Comportamento e a Información” e “Xornal Internacional de Estudios Home — Máquina”? Moito e pouco.

Cada estudo proba certas variables por separado (tipografía, interliñado, resolución da pantalla, etc.) e aínda que racional e científico, este proceso resulta un pouco problemático debido a que moitas desas variables inflúen sobre as outras.

En 1929 Donald G. Paterson e Miles A. Tinker publicaron unha análise sobre o tamaño da tipografía, análise que forma parte dunha serie de estudos que fixeron na busca da “hixiene da lectura”. Os textos foron expostos en 6, 8, 10, 12 e 14 puntos. O estudo concluíu en que 10 puntos é o tamaño óptimo para unha lectura eficiente, pero ese resultado soamente é válido para o texto cunha anchura de liña particular (80 mm.) e empregando unha tipografía específica (que non foi revelada).

Outro estudio de Paterson e Tinker probou dez tipografías distintas, incluíndo tipografías tradicionais con serifa, a Kabel Lite (de pao seco), a American Typewriter (monoespaciada) e a gótica Cloister Black. Soamente estas dúas últimas provocaron algunha variación significativa de velocidade na lectura. A conclusión dos autores: “As tipografías [...] de uso común son todas igual de lexibles.” A ciencia deixa ao deseñador un gran abanico de posibilidades onde escoller.

En 1998, un estudo probou varias tipografías en pantalla revelando conflitos entre como se comportan os usuarios e os seus gustos persoais. Un equipo da universidade Carnegie Mellon comparou a Times New Roman coa Georgia (tipografía con serifa deseñada para pantalla). Aínda que nun principio non se atopou ningunha diferenza obxectiva, os usuarios preferiron a Georgia, que definiron como máis nítida, amable e fácil de ler. No segundo test comparouse a Georgia coa Verdana, tipografía de pao seco deseñada tamén para ser lida en pantalla. Neste caso, os usuarios expresaron unha lixeira “preferencia subxectiva” pola Verdana, pero realizaron unha mellor lectura coa Georgia. Unha vez máis, o estudo rematou sen ningunha norma definitiva.

Como se xulga a eficacia tipográfica? A “lexibilidade” refírese á facilidade coa que unha letra ou palabra pode ser recoñecida (examinada polo ollo), mentres que a “lecturabilidade” describe a facilidade coa que un texto pode ser comprendido (nun proceso mental de frases con significado). Os deseñadores adoitan distinguir entre “lexibilidade” e “lecturabilidade” como a parte obxectiva e subxectiva da experiencia tipográfica. Para os científicos, non obstante, a lecturabilidade pode ser calculada obxectivamente, sendo a velocidade de lectura a comprensión. Os experimentos en moitos dos estudos citados aquí foron desenvolvidos lendo un texto e respondendo a unhas preguntas despois. (Velocidade e comprensión foron analizadas xuntas porque unha lectura máis rápida acádase a miúdo a expensas da comprensión do contido).

A literatura sobre a lecturabilidade inclúe numerosos artigos que explican onde e por que se prefire o papel no canto da pantalla. En 1987 fixéronse varias investigacións para IBM sobre as variables que afectan ao texto tanto en pantalla como en páxina, como a calidade da imaxe, tipografía ou o interliñado. Aínda que a intención era identificar o culpable das baixas prestacións das pantallas, descubriron algo moi distinto: a existencia dun conxunto de factores onde cada variable afectaba ás outras. Demostrouse así que a pantalla non era a causa da súa propia ineficacia; o culpable era o modo en que se presentaba o texto, noutras palabras, o seu deseño.

Nun segundo experimento, o equipo de IBM comprobou que as diferenzas de eficiencia entre o papel e a pantalla poderían ser eliminadas completamente se as pantallas se creasen para parecerse máis ás condición “normais” de impresión. Neste estudo utilizáronse tipografías negras e suavizadas nunha pantalla clara de alta resolución — características que chegaron a ser máis ou menos estándares na década de 1990. A investigación de IBM estableceu que as convencións de deseño desenvolvidas para a impresión pódense traducir para a pantalla.

Mentres que este traballo confirma a concordancia entre o deseño en papel e pantalla, outra investigación desafiou algúns dos nosos conceptos máis asentados: cuestiona a lonxitude de liña e o numero apropiado de caracteres por liña. O modernismo suízo promoveu durante moito tempo as liñas cortas como ideais para a lectura, dende Josef Müller-Brockman (sete palabras por liña) a Ruedi Rüegg (de corenta a sesenta caracteres). Estas regras chegaron a converterse en instintivas para moitos deseñadores.

A ciencia, non obstante, revélanos algo moi distinto. Un estudo determina que as liñas de gran lonxitude son moito máis eficientes que as cortas, concluíndo que as columnas de texto deben cubrir o máximo posible da pantalla aínda que as páxinas HTML sen estruturar e con menos marxes, expandíndose para cubrir a pantalla cunha soa columna, poden transmitir unha aparencia grotesca.

Outro estudo compara textos de oitenta caracteres por liña con outros de só corenta. As liñas de oitenta caracteres foron creadas estreitando o ancho de cada letra para que collera moito máis texto no mesmo espazo. A pesar deste crime imperdoable contra a tipografía, o estudo descubriu que os usuarios podían ler as densas liñas con moita máis eficacia cas outras con menos caracteres — e polo tanto con proporcións normais.

Cuestionar as normas establecidas non é malo. Quizais as investigacións citadas aquí non nos din exactamente cómo tratar a tipografía pero as súas conclusións poderían ser útiles doutras maneiras. Por exemplo, o espazo en branco en todo o relacionado coa tipografía foi algo sempre moi defendido. Quizais sexa hora de reconsiderar o valor da densidade nunha páxina de papel ou nunha pantalla creando un ambiente máis humano. Evitemos as posturas demasiado refinadas e a excesiva distancia entre o ‘a’ e o ‘b’. Apoiemos unha maior riqueza, diversidade e compacticidade entre a información e as ideas, a xente e os lugares.

Este artigo, traducido por Oscar Otero, pódese ver na web de Ellen Lupton na súa versión orixinal inglesa: Science of Typography

474 comentarios:

Mónica Hedderich
m.hedderich@clix.pt

Hola, que tal? Soy Mónica Hedderich, portuguesa aun que no lo parezca por el nombre y estudio diseño gráfico en BAU, Barcelona. Me intereso mucho este texto porqque llevo ya algun tiempo buscando información para un trabajo que quiero hacer sobre el papel de la tipografia en los medios y la verdad es que es bastante dificil aun que no lo parezca, encontrar información que no varie mucho de autor para autor. La verdad, es que lo que me interesa para este trabajo, es encontrar tipografias que hubieran sido creadas para ser leidas en peridodicos como la Times hasta las más reciente para que de este modo, podamos ver una evolución y el porque del cambio. Como las serifas van cambiando como en el caso de la tipo del periodico metro. llevo 2 trades enteres en la UAB e el resto en internet y la información es muy escasa desafortunadamente. Quisiera saber se me poderian aydar, o darme alguna pista de libros no no pongan solo imagen y autor, pero que expliquen algo más como este texto. Las tipos que para ti, por ejemplo, sean las más significativas para hacer esta investigación. Disculpen mi penoso castellano. Saludos y gracias

Oscar
Correo ou Web

Hola, Mónica. En este enlace puedes encontrar todas las tipografías que existen en letrag que están diseñadas expresamente para periódicos. Espero que te sea de ayuda.

massy

es todo una bosta!!! poco serio ponganse las pilas che!!!

Txusma
txusmarcano@gmail.com

Hola Óscar: Enhorabuena por el "site". ¿podrías poner otra vez el link a las tipos para periódicos? Gracias y un saludo. Para disfrutar de la Tipografía: http://lletraorama.blogspot.com

Oscar

Hola Txusma. Buscando por la palabra "periódico" te salen todos los tags que te llevan a tipografías de periódicos.

Edaly
edaly_florian@hotmail.com

Hola, me podrían ayudar por favor, estoy buscando definiciones de tipografía y algunos artículos relacionados. saludos...

Lucía
log@daemonia.org

Hola, Oscar:

Me presento más o menos, me llamo Lucía, profesionalmente soy editora web, y también estudio, te cuento esto por lo siguiente, estoy haciendo un curso de doctorado en la universidad de Alcalá, mis estudios están enfocados a la web semántica, y en este sentido estoy haciendo una ontología sobre tipografía, me gustaría que sirviera de ayuda a la hora de buscar fuentes, entonces, todo este rollo que te cuento es para preguntarte lo siguiente: si tuvieras una herramienta para buscar fuentes, ¿por qué campos considerarías interesante buscar?

Gracias

Oscar

Hola, Lucía.
A la hora de clasificar (y por lo tanto buscar) las tipografías existen dos vertientes: la que se rige por aspectos físicos y la que tiene máis en cuenta los aspectos históricos. Por aspectos físicos me refiero, por ejemplo, a buscar una tipografía con características como que tenga serif, que sea redondeada, que tenga los remates cuadrados, etc, mientras que las características históricas tienen en cuenta las tipografías que nacieron en un determinado contexto físico y temporal (por ejemplo las tipografías venecianas del siglo XV) o las de alguno de los movimientos estilísticos del siglo IXX y XX como por ejemplo el "Jugendstil", "Art Noveau" o el Dadaísmo. Yo considero que resulta mucho máis interesante esta segunda vertiente ya que, aunque puede provocar gran cantidad de secciones y subsecciones, precisamente esta variedad es la que otorga un resultado más preciso. Cada tipografía refleja un sentimiento propio, una cultura y unos valores propios de un lugar y momento determinado y que va mucho más allá de si el resultado final tiene o no serif. En las clasificaciones que se rigen por rasgos físicos, puedes encontrar, por ejemplo, en unha misma sección a la tipografía Times New Roman y a la Garamond y en realidad no tienen nada que ver. Una nació en Inglaterra en el siglo XX como tipografía para periódico y la otra es francesa y del siglo XVI, creada también para texto pero no necesitaba cubrir muchas de las necesidades de la primera y su apariencia refleja un mundo totalmente distinto.

Espero que te sea útil.
Un saludo

mmm

que perdidia de tiempo

diseño web valencia
administraor@gmail.com

interesante

delamor_a
sara_delamora@hotmail.com

Muy interesante todo lo que he leído aquí...
Ando haciendo una investigación de este tipo, me preguntaba si alguien (Oscar, viendo tu explicación básicamente esto va por ti...) podría ayudarme a encontrar una buena clasificación histórica de las tipografías más recientes, y/o de autores que hayan investigado tipografías diseñadas para su aplicación en pantalla.
Para los que les interese, enconté un link con un pdf muy completo con un breve resumen histórico de la tipografía desarrollado por Jose María Cerezo:
www.uma.es/Estudios/Centros/informacion/eg/4distip.pdf
Saludos!!

Tricia
tricia_starr@live.com

hola! soy diseñadora gráfica y estudiante de ilustración.Estoy trabajando en un proyecto tipográfico y me gustaría saber de algún sitio o libro dónde informarme sobre la psicología de la tipografía,además de cómo influye el color y demás.
También me gustaría saber dónde se imparten estudios sobre tipografía y cómo acceder a ellos.
Muchas gracias y felicidades por la página,ya está entre mis favoritos :)

juan
juansito1179@hotmail.com

Hola que tal, me podrian ayudar con infromacion sobre la tipografia del futurismo como movimiento de vanguardia y las repercusiones que tuvo para hoy en dia

Gracias espero su respuesta


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.