Ipanema Gráfica, novos tipógrafos galegos

Oscar Otero

En Galiza non hai moita xente interesada pola tipografía e moito menos afeccionada a deseñar alfabetos. Por iso levei unha grata sorpresa ao coñecer a Rubén Vidal, primeiro pola gran persoa que demostrou ser e despois polo enorme interese e dedicación polo mundo do deseño e as letras. Puiden charlar con este xoven deseñador do Grove nacido fai 23 anos, e aínda que foi unha conversa un tanto accidentada mediante Messenger, resultou ser do máis gratificante. O máis sorprendente foi descubrir que en realidade non traballa de deseñador, aínda que fai algúns encargos como freelance, traballando de camareiro e aprendendo todo o que sabe de maneira autodidacta, compaxinándoa co grupo de música do que forma parte: The Phantom Keys.


Os meus méritos académicos non pasan de terceiro de BUP, e será por iso que tiven tempo libre para facer tantas cousas en internet [risas]. Estudiei un pouco de deseño gráfico pero só fixen uns poucos traballos como freelance para varias empresas. Tamén estiven na emigración traballando de camareiro en Andorra e actualmente traballo tamén de camareiro nun restaurante de aquí, cousa que compaxino coa música.

Cómo se che dou por meterte a facer tipografías?
Un día descubrín que se podían baixar tipografías de internet, que non estabamos limitados ás que veñen co Windows e gustoume ese mundo. Descubrín que apenas había tipografías galegas dixitais en contraposición á vasca que contaba con máis cantidade e ao saber cómo se podían facer co Corel, púxenme mans á obra.

Cómo te documentas ou inspiras á hora de deseñar un novo alfabeto?
A primeira que fixen foi a Marela, que é do ano pasado. Está inspirada nunha tipografía que me gustou moito e que se emprega nos cartóns de leite Larsa, no lema “volve á orixe”.

Canto tempo che pode levar acabar unha tipografía?
Pois non sei, unhas 60 horas máis ou menos. Comezo a facelas cunha idea bastante definida aínda que ao final nótanse que son bastante amateurs, que teñen demasiados nodos e esas cousas. [risas]

*E a Vila Morena?*
É a que máis me gusta das que fixen ata agora. Está inspirada na tipografía de Sargadelos, nun anuncio que sae na revista A Nosa Terra, aínda que a miña saíu menos enxebre.

Ou sexa que moitos caracteres tiveches que inventalos
En realidade fíxena sen ter o anuncio diante e moitos caracteres nin sequera aparecen. Ten moito parecido coa orixinal pero vese claramente que tampouco foi un “fusilamento”.

Fas algún tipo de bosquexo ou cálculos en papel?
Si, claro. Doulle medidas e proporcións para que sexa máis fácil despois no Corel Draw e para que todas as letras teñan algo en común.

E non pensaches en empregar algún programa máis específico como o FontLab ou o Fontographer?
Si, nun futuro pasareime.

O grupo de música no que tocas, The Phantom Keys, ten un estilo moi sesentero e o teu estilo gráfico tamén vai polo mesmo camiño.
Coincidiu todo, comecei a facer tipografías ao mesmo tempo que comecei a tocar coa banda. Xa tiña un estilo retro antes pero a banda influíume máis, metinme moito de cheo na cultura sixty. Non é que vaia exclusivamente por ese camiño pero é algo que me gusta moito.

Supoño que che interesarán webs tipo FontDiner ou Dinctype, de descarga de tipografías dese estilo
As FontDiner son estupendas, mágoa de non ter máis gratuítas. De feito o primeiro logo de Ipanema Gráfica foi feito coa Fontdinerdotcom, pero non podía ter unha tipografía como logo que non fose miña e por iso a cambiei [risas].

Eso de Ipanema Gráfica que é exactamente?
Necesitaba unha marca para as tipografías, non quería que se coñecesen polo meu nome. Ipanema é un nome que sempre me gustou, quizais pola garota [risas].

En realidade o teu sitio só ten unha soa páxina cunha ligazón a DaFont. Non pensaches en poñer na túa web as tipografías para descargar?
Si, teño miles de borradores de webs feitos que me deixaron de gustar ao pouco tempo de telos acabados. Bueno, máis que borradores eran páxinas xa rematadas. Pero si, algún día terei que facer unha páxina máis seria e práctica, non so coas tipografías, senón tamén con mostras doutros traballos.

E a túa próxima tipografía?
Está no forno. E podo dicir que ten bastante influencia sixty.

Esperaremos impacientes. De onde sacas a inspiración, cales son as túas influencias?
Pois penso que foi O Grove en xeral, o ambiente por onde me comecei a mover, os carteis que facían os locais, as camisolas de Fento.net que son dos mesmos donos e tamén fan algo de deseño gráfico. En internet, unha empresa que me gusta moito e me marcou foi Vudumedia, de Bilbao. Teñen un blog con moitos recursos para deseñadores, e un estilo moi retro.

*Tamén tes feito outras tipografías como a Johnyokonysm ou a Velvet Illusions..*
A Johnyokonysm está inspirada nos Cartoons americanos dos cincuenta, aínda que o nome non ten nada que ver. Para a Velvet Illusions púxenme a recortar cadrados para darlle forma de letra. Dixéronme que tiña un certo estilo Groovy e quedou como logotipo de The Phantom Keys.

A Nantronte non deixa de ser unha tipografía estraña
Saíume horrorosa. Era un intento de tipografía histórica galega e saíu así como algo para fans de bandas góticas. A verdade, é a única da que me arrepinto de ter feito.

A min paréceme que ten certo toque electrónico
Pode ser, son moi fan de Kraftwerk [risas].

E o alcume de Zé Ogrobe?
En realidade é só Zé, o de Zé Ogrobe é cousa de María Yáñez, creo [risas]. O Zé ven de tempos de instituto cando botabamos partidos de fútbol nos recreos. Creo que ven de Zé Roberto, un xogador que estivo no Real Madrid.

Moitas grazas polo teu tempo e estaremos atentos aos teus próximos traballos

539 comentarios:

Oscar

Ahí tes a foto, Cesare. Un saúdo

Anónimo

Eu solicito unha tipografía, pra que me borredes o comentario. Agora en serio... Mola macísimo isto. Desculpen a troleada, pero queremos fotos dos entrevistados

Cesare
astuasbalas.blogspot.com

Vaia, non asinei o anterior...

Roi
www.thehomens.com

Zé Pequeno...este rapaz é un caixón de sorpresas. Parabéns a él e ós que levades este site. Facedes un traballo acojonante

Anónimo

Ze, eres cojonudo

winfi
saketupun@hotmail.com

Zezinho eres un dios, moita sorte

manuel

moi interesante ver que hai xente así por estes lares

patry
nayam_00@hotmail.com

mi nombreee

ramon
tudela@mundo-r.com

llamame, tengo trabajo para ti.
696966362

Anónimo
xiana

Noaboa, unahas tipografias estupendas!

Nombre

Buenísimas las tipos!
Saludos desde Buenos Aires.
Mariano


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.