Artigos

Colección de artigos e entrevistas de creación propia ou traducidos


Tipografía para xornais

Ron Reason

Nos últimos anos, a inmensa maioría dos xornais de todo o mundo atópanse inmersos nun proceso de transición para adaptarse aos novos tempos. O deseñador, consultor e profesor estadounidense Ron Reason achéganos este interesante artigo sobre un dos temas máis importantes no deseño ou redeseño de calquera xornal: a selección da tipografía para o texto. Estas consideracións están agrupadas en catro puntos principais: a economía (espacial) da tipografía, a integridade do seu deseño orixinal, as características técnicas de reprodución e os gustos do momento.


Typecasting. O uso (ou mal uso) da tipografía de época no cine

Mark Simonson

Mark Simonson escribiu este artigo en decembro do 2001. Nel analiza o bo ou mal uso que se fai da tipografía no cine e explica que coñecer a historia e a natureza de cada letra resulta fundamental, se non se quere caer en anacronismos, algúns tan evidentes, coma os cometidos en varias das películas máis coñecidas.


A gran controversia tipográfica na Web 2.0

Max Kiesler

Unha das características da chamada "Web 2.0" (termo co que se denomina á nova filosofía na creación de páxinas web) é o uso de tipografías de gran tamaño e moi contrastadas co fondo. Max Kiesler fai unha análise desta situación explicando por que se chegou ata aquí e que se debe facer a partir de agora.


Ipanema Gráfica, novos tipógrafos galegos

Oscar Otero

En Galiza non hai moita xente interesada pola tipografía e moito menos afeccionada a deseñar alfabetos. Por iso levei unha grata sorpresa ao coñecer a Rubén Vidal, primeiro pola gran persoa que demostrou ser e despois polo enorme interese e dedicación polo mundo do deseño e as letras. Puiden charlar con este xoven deseñador do Grove nacido fai 23 anos, e aínda que foi unha conversa un tanto accidentada mediante Messenger, resultou ser do máis gratificante. O máis sorprendente foi descubrir que en realidade non traballa de deseñador, aínda que fai algúns encargos como freelance, traballando de camareiro e aprendendo todo o que sabe de maneira autodidacta, compaxinándoa co grupo de música do que forma parte: The Phantom Keys.


A ciencia da tipografía

Ellen Lupton

Ellen Lupton publica en Typotheque un artigo que resume as diversas investigacións científicas aplicadas á tipografía que se desenvolveron durante o século XX. Aínda que quizais os métodos utilizados nestas probas non foron de todo acertados, as conclusións ás que se chegaron resultan polo menos interesantes.


Carlos Núñez, charla en Santiago

Oscar Otero

Un sábado pola mañá, nunha tranquila cafetería da zona vella de Santiago de Compostela, tiven a sorte de poder charlar cun dos grandes da tipografía e o deseño de Galiza: Carlos Núñez, pai do famoso gaiteiro e creador da Gallaecia Castelo. Cada palabra, cada historia que contaba, agochaba unha impresionante sabiduría e coñecemento producto da súa propia experiencia. A pesares dos anos, "le Vieux", como se autodenomina, conserva un dinamismo e gañas de facer cousas que xa lle gustaría a moitos dos xoves deseñadores actuais. Este dinamismo fai que acuda a calquera signo de vida que surxa en Galiza ou fora dela en temas de deseño e tipografía como neste caso, co descubrimento de letrag.


Harry Carter: Orixes da tipografía. Punzóns, matrices e tipos de imprenta (séculos XV y XVI)

Andreu Balius

O xenial deseñador gráfico e tipógrafo afincado en Barcelona Andreu Balius redactou este artigo para a revista Grrr número 6 onde nos presenta un dos libros tipográficos que máis lle gustou: Orixes da tipografía de Harry Carter.


O rexurdimento da Ibarra

En 1993 naceu un proxecto para a recuperación dunha tipografía antiga en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Aragón. Este foi executado por Juan Ignacio Pulido e Sandra Silvia Baldassarri, dirixidos por Francisco José Serón. O tipo escollido foi un dos creados polo gran impresor zaragozano do século XVIII Joaquín Ibarra Y Marín. Aquí se mostra lixeiramente todo o proceso de execución, explicado máis detalladamente na súa páxina web.


As novas tecnoloxías no tratamento dos textos (os neotipógrafos)

José Martínez de Sousa

En xuño de 1998, José Martinez de Sousa escribe unha interesante reflexión sobre a situación actual da tipografía, e en concreto sobre os novos artesáns desta disciplina, ós que él chama "neotipógrafos", coñecedores máis da ferramenta que empregan, o computador, que da súa propia profesión.


Martínez Sousa: As lealdades do vello ortotipógrafo

Ian

Jorge Luis Borges cualificou a tipografía como "esa cómplice ás veces traizoeira da literatura" pero nada dixo da ortotipografía, esa sorte de ortopedia tipográfica, que se converteu en arte grazas á talentosa paciencia, enxeño e orde intelectual de persoas como José Martínez Sousa. Ortotipógrafo, bibliólogo, lexicógrafo e mestre editorial, Martínez Sousa deixounos unha presada de libros técnicos fundamentais e unha biografía cun título que é todo un resumo das súas paixóns e dedicacións: Antes de que se me olvide. Una aventura tipográfica y bibliológica personal e intransferible


Bodoni, revisitado. Nota sobre o Manual Tipográfico de Giambattista Bodoni

Ian

Recesión escrita por Ian dun libro clásico da historia da tipografía como é o Manual Tipográfico de Giambattista Bodoni. Foi realizado a partir da edición portuguesa que estivo a cargo de João Manuel Bicker coa traducción de Rita Marnoto (Almedina Editores, Coimbra, 2001).


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.