Sen serifas

Tamén chamadas de pau seco, estas tipografías caracterízanse pola ausencia de remates nos extremos. Apareceron en Inglaterra durante a primeira metade do século XIX para uso en impresos comerciais como carteis ou etiquetas


Cadradas

Distínguense polas súas formas e proporcións baseadas no cadrado. Algunhas delas levadas ata tal extremo que nin sequera posúen formas curvas e outras manteñen esas características xeométricas combinadas con formas máis humanas.


Grotescas

Chamadas "Gothic" en Estados Unidos, foron as primeiras tipografías sen serifa que datan do século XIX. O ollal da "g" e a existencia dalgún contraste entre paos son as características máis salientables.


Humanísticas

Están baseadas nas proporcións das inscricións romanas maiúsculas e na escritura manual de caixa baixa dos humanistas renacentistas. Os grosores dos trazos non son uniformes e presentan unha certa modulación.


Neogrotescas

Similares ás grotescas pero cun deseño máis refinado. A súa construcción obedece a unha estudiada estructura. Os contrastes están menos marcados e a letra 'g' non ten ollal senón unha simple cola.


Neohumanísticas

Aparecidas na década de 1990, son tipografías creadas con gran rigor funcional, moi lexibles e flexibles. O deseño da Meta a mans de Erik Spiekermann foi clave para o nacemento deste novo estilo. Son apropiadas para proxectos sofisticados como identidades corporativas ou sinalización. A súa estética tende cara a neutralidade pero con proporcións clásicas.


Sinalética

Son tipografías especiais creadas para facilitar a lexibilidade incluso nas situacións máis desfavorables. As súas formas adoitan ser bastante neutrais, con trazos abertos e sinxelos. O seu deseño responde a necesidades moi específicas como a sinalización de estradas, aeroportos ou outros lugares onde a información debe ser moi accesible.


Xeométricas

Nacen en 1920, consecuencia das vangardas e a Bauhaus. Construídas a partir de liñas rectas e figuras xeométricas como o circulo e o cadrado, son minimalistas, sen modulación nin variacións dos grosores dos paos.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.