Exipcias

Tamén coñecidas como Slab Serif ou Mecano, apareceron no século XIX para uso publicitario. A súa principal característica está nos remates, moi grosos e xeralmente cadrados e no pouco ou nulo contraste entre paos.


Francesas

As exipcias de estilo francés caracterízanse por posuír unha relación entre as serifas e os trazos de tipo angular. Foron as primeiras exipcias en aparecer e os seus remates son densos e rectangulares.


Inglesas

Apareceron en 1845 grazas ao tipo lanzado por Robert Besley & Co. chamado Clarendon. Este presentaba un redondeo na unión dos trazos coas serifas e un mellor encaixe e chegou a representar un pequeno subgrupo dentro desta categoría.


Italianas

Teñen a súa orixe nas tipografías talladas en madeira. Esta subclase das exipcias diferénciase das demais por posuír as serifas máis grosas que os trazos principais. Son moi características nos carteis dos westerns americanos.


Máquina de escribir

Cun ancho similar e constante entre paos e serifas, estas tipografías están baseadas nas empregadas polas antigas máquinas de escribir. Xeralmente todos os caracteres posúen o mesmo ancho.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.