Informais

Caracterízanse por ter unha aparencia irregular e desenfadada. Non están deseñadas sobre cuadrículas nin existen rascos comúns entre distintos caracteres senón que emulan a escritura a man alzada.


Infantís

Son aquelas tipografías que emulan ás letras debuxadas por nenos. Caracterízanse pola súa aparencia irregular e desproporcionada, e incluso poden estar descolocadas con respecto á liña base.


Pincel

Escritas utilizando brocha, pincel ou un instrumento parecido, estas tipografías adoitan ter uns cantos irregulares produto do exceso ou falta de auga no pincel ou do tipo de superficie na que se apliquen as letras.


Pluma

Son aquelas tipografías escritas con pluma ou algún utensilio que consiga un efecto similar. Teñen modulación aínda que ao estar feitas á man, non posúen unhas proporcións constantes nin as súas formas son completamente homoxéneas.


Punta redonda

Tipografías creadas con utensilios de punta redonda como lapis, bolígrafo ou rotulador polo que non se crea ningún tipo de modulación aínda que tampouco significa que posúan forzosamente os trazos uniformes.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.