Caligráficas

As tipografías caligráficas ou manuscritas son aquelas que emulan a escritura manual, xa sexa mediante pinceis, plumas, rotuladores ou calquera outro instrumento de escritura.


Chancelerescas

Aparecidas no século XV, este estilo foi adoptado pola Chancelería Papal para a redacción de documentos administrativos. Reapareceu a principios do século XX gracias ao redescubrimento da caligrafía renacentista italiana.


Clásicas latinas

Tipografías caligráficas baseadas nas utilizadas no período que comprende dende o imperio romano no século I a.C. ata o renacemento, no século XV. Trazadas con pluma, non posúen diferencias entre as maiúsculas e as minúsculas.


Cursivas inglesas

Nacen da escritura común feita con pluma de aceiro derivada do século XIX. Son tipografías esveltas, con liñas finas e grosas polo trazo da pluma e moi ornamentadas sobre todo nas capitulares.


Formais

Son aquelas tipografías que aínda sendo manuais, ou emulan selo, posúen unha aparencia regular, mantendo unha certa formalidade ao longo do alfabeto. Teñen formas que se repiten en varias letras, igual que outras tipografías de orixe non manual.


Informais

Caracterízanse por ter unha aparencia irregular e desenfadada. Non están deseñadas sobre cuadrículas nin existen rascos comúns entre distintos caracteres senón que emulan a escritura a man alzada.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.