Urbanas

Son tipografías que están asociadas con algunha cultura ou subcultura de orixe urbano como pode ser o Punk ou o Hip Hop, identificativas dalgunha banda urbana ou calquera outro ámbito social.


Hip Hop

As tipografías de estilo Hip Hop emulan tanto os graffitis en paredes feitos con sprays ou pincel como a escritura manual aplicada en papel con rotuladores ou bolígrafos. Presentan formas moi ornamentadas e xeralmente son difíciles de ler.


Populares

Son aquelas tipografías creadas de forma artesanal, xeralmente cun pincel, por medio dun pintor letrista. Atópanse en barrios e rúas de nivel social medio e baixo, en carteis e rótulos. A súa función é a de informar, vender ou publicitar.


Punk

A cultura punk, aparecida na década de 1960, posúe unha ideoloxía asociada coa anarquía, antimilitarismo ou antifascismo. A súa estética, relacionada con tipografías sucias e impresos de mala calidade e baixa resolución, ten un aspecto forte e cru


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.