Fundicións comerciais

Fundicións dixitais que venden tipografías propias ou alleas.


Adobe

store.adobe.com/type/
Creadores da linguaxe Postscript e OpenType (xunto con Microsoft), posúen un dos maiores catálogos tipográficos.


As 100 mellores tipografías

www.100besteschriften.de
Fontshop fai esta clasificación do que eles consideran as 100 mellores tipografías de todos os tempos. Cada unha contén unha descrición e a posibilidade de comprala.


Astigmatic One Eye Typographic Institute

www.astigmatic.com/
Creada en 1996 por Brian J. Bonislawsky en Miami, Florida, Estados Unidos. Posúe orixinais alfabetos moi baratos e unha sección de tipografías gratuitas.


Bitstream

www.bitstream.com/
Fundada por Matthew Carter, un antigo deseñador de Linotype e Mike Parker en 1981, foi unha das primeiras fundicións dedicadas exclusivamente á tipografía dixital.


Blue Vinyl Fonts

www.bvfonts.com/
Colección de tipografías deseñadas por Jess Latham dende 1997. Algunhas son comerciais e outras pódense descargar gratuitamente.


Chank

www.chank.com/
Fundada en 1996 por Chank Diesel, esta compañía localizada en Minneapolis posúe unha gran selección de tipografías de pago e outras gratuitas.


Emigre

www.emigre.com/
Naceu en 1984 como unha revista de arte e deseño gráfico publicada por Zuzana Licko e Rudy VanderLans en Sacramento, California, Estados Unidos.


Emtype

www.emtype.net/
Fundición con sede en Barcelona fundada polo deseñador arxentino Eduardo Manso. A súa filosofía consiste en facer tipografías de calidade técnica e estética, tanto para display como para texto


Flashfonts

www.flashfonts.com/
Fundada polo deseñador Leslie Cabarga


Font Diner

www.fontdiner.com/
Fundición dixital creada polo deseñador Stuart Sandler onde se poden comprar tipografías de estilo retro a un prezo realmente económico. Tamén ten unha sección de fontes gratuítas


FontFabrik

www.fontfabrik.com/
Estudio de deseño tipográfico creado en 2000 por Luc(as) de Groot en Berlin, Alemaña


FontFont

www.fontfont.com/
Marca empregada pola fundición FontShop, fundada en Berlin por Erik Spiekermann, Joan Spiekermann e Neville Brody en 1989.


Fonts.com

www.fonts.com/
Creado por Monotype Imaging para comercializar as súas tipografías, posúe un dos maiores catálogos tipográficos que se pode atopar en internet cunha gran calidade


Fontsmith

www.fontsmith.com
Estudio de deseño creado por Jason Smith onde se crean e comercializan tipografías. Ademáis de deseñalas podenas personalizar para un fin concreto.


House Industries

www.houseind.com/
Fundado por Andy Cruz e Rich Roat en 1993, este estudio localizado en Estados Unidos, destaca pola presentación das tipografías compradas, empaquetadas en coidadas e distintivas caixas


ITC

www.itcfonts.com/
A International Typeface Corporation foi fundada en 1970 por Aaron Burns, Herb Lubalin e Ed Rondthaler. Foi comprada por Agfa-Monotype en 2000.


Jeremi Tankard Typography

www.typography.net
Fundición onde o deseñador inglés Jeremy Tankard amosa e vende as súas tipografías. Posúe tamén algúns pdfs para descargar con artigos e información interesante.


Letterhead Fonts

www.letterheadfonts.com
Fundada polo deseñador Chuck Davis en Palmdale, California, Estados Unidos, está especializada en tipografías orixinais e únicas, apropiadas para titulares ou logotipos. Posúe varias tipografías de descarga gratuíta de gran calidade.


LetterPerfect

www.letterspace.com/
Fundada en Seattle en 1986 polo deseñador Garrett Boge


Letterror

www.letterror.com/
Os deseñadores Just van Rossum e Erik van Blokland montaron esta fundición dixital en 1989. Situada na Haia, nos Países Baixos, comercializan os seus propios deseños.


Lineto

www.lineto.com/
Fundición dixital fundada en 1993 por Cornel Windlin e Stephan Müller onde distribúen os seus propios deseños tipográficos e os de outros deseñadores.


Linotype

www.linotype.com/
Orixinal da época de tipos móviles, en 1980 converteu as súas tipografías ao medio dixital grazas a un acordo con Adobe Systems e o seu PostScript Type 1. Posúe unha das bibliotecas máis grandes do mundo


LucasFonts

www.lucasfonts.com/
Páxina onde se poden comprar as tipografías deseñadas por Luc(as) de Groot


miniml

www.miniml.com/
Colección de tipografías de pixel para vender todas nun único paquete ou por separado. Tamén posúen algunhas de descarga gratuíta.


MRF (MAC Rhino Fonts)

www.macrhino.com/
Aínda que foi creada en 2003, o seu fundador Stefan Hattenbach estivo deseñando tipografías dende 1997. Trátase dun estudio independente que está especializado no deseño tipográfico ainda que tamén pode realizar traballos doutras disciplinas.


P22

www.p22.com/
Fundada en 1995 por Richard Kegler e a súa muller Carima El-Behairy, está situada en Buffalo, Nova York.


PampaType

www.pampatype.com/
Fundición creada por Alejandro Lo Celso e ubicada en Córdoba, Arxentina. Posúe unhas tipografías de alta calidade cun certo sabor latino.


Pizzadude

www.pizzadude.dk/
Creado en 1998 por Jakob Fischer e localizado en Copenhague, Dinamarca, pódense comprar moitas das tipografías comerciais deseñadas por Fischer e descargar outras de licencia gratuíta.


Positype

positype.com/
Fundada en 2002 polo deseñador e tipógrafo estadounidense Neil Summerour, trátase dunha fundición dixital independente adicada ao deseño tipográfico e caligráfico. As súas creacións véndense en varias distribuidoras como Veer, TypeTrust ou MyFonts.


Rittswood

www.rittswood.com/
Tenda de componentes para webs, entre elas unha selección de tipografías de pixel bastante interesante e a bo prezo.


Sparky Type

www.sparkytype.com
Fundada por David Buck en 1997 e situada preto de Wellington, Nova Zelanda, proporcionan todo tipo de servicios tipográficos como venta de tipografias e creación de tipos de letra personalizados.


Stone Type Foundry

stonetypefoundry.com/
Fundición creada por Sumner Stone en 1990 que exerce de deseñador e director de arte de todas as fontes que posúe.


Sudtipos

www.sudtipos.com/
Fundición tipográfica dixital localizada en Buenos Aires, Arxentina. Os seus fundadores son Alejandro Paul, Ariel Garofalo, Claudio Pousada e Diego Giaccone. Os seus deseños son maioritariamente caligráficos.


T.26

www.t26.com/
Creada polo deseñador Carlos Segura en 1994, esta fundición dixital esta localizada en Chicago, Estados Unidos.


Typephases Design

www.typephases.com/
Estudio de deseño co ilutrador e deseñador gráfico freelance Joan M. Mas ao frente. Dispon dunha gran colección de tipografías (tanto de debuxos como de letras), algunhas gratuitas e outras de pago.


Typodermic

www.typodermic.com/
Ray Larabie montou esta fundición dixital en 2001 para distribuir as súas propias tipografías comerciais.


Typotheque

www.typotheque.com/
Fundición independente fundada por Peter Bilak. A páxina web posúe un gran número de entrevistas e artigos interesantes.


URW++

www.urwpp.de/
Creada en 1995 por Svend Bang, Peter Rosenfeld e Jürgen Willrodt, esta fundición situada en Hamburgo, Alemaña, é a sucesora de URW (Unternehmensberatung Rubow Weber).


Virus

www.virusfonts.com/
Fundición dixital situada en Londres e fundada en 1997 polo deseñador Jonathan Barnbrook. As súas tipografías posúen unha gran orixinalidade cun estilo moi singular.


Volcano Type

www.volcano-type.de/
Fundición independente fundada en 1996 por Boris Kahl e Lars Harmsen e situada en Karlsruhe, Alemaña. Os seus deseños resultan moi expresivos cunha gran cantide de tipografías de símbolos.


WC Fonts

www.wcfonts.com/
Fundada en 2005 polo deseñador gráfico Christophe Féray e localizda en Avignon e Nantes (Francia), esta pequena fundición contén tipografías que explotan a faceta máis expresiva e visual. Algunhas delas son gratuitas e outras de pago.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.