Asociacións e fundacións

Asociacións, fundacións e colectivos formados arredor da tipografía


ATypI

www.atypi.org/
A Asociación Tipográfica Internacional creouse en 1957 para potenciar a comunicación e información na comunidade tipográfica e mellorar o seu uso comercial.


Ban comic sans

www.bancomicsans.com/
Fundada para erradicar o uso da tipografía Comic Sans


Catalana de Tipos

www.catalanadetipos.com/
Este grupo formado por Iván Castro, Ferran Milan e Marc Salinas adícanse a deseñar tipografías e a organizar o ciclo de conferencias Ligaduras


Comic Sans Appreciation Society

www.littlewonder.pwp.blueyonder.co.uk/ourcause/
Asociación a favor do uso da tipografía Comic Sans


Fundación Edward Johnston

www.ejf.org.uk/
Dedicada a concienciar ao público sobre a importancia da caligrafía, non soamente como forma de arte senón tamén como o punto de referencia para moitas outras disciplinas tipográficas.


SOTA

www.typesociety.org/
A Society of Typographic Aficionados (Sociedade de Aficionados Tipográficos) é unha organización non lucrativa dedicada á tipografía e a outras artes relacionadas.


t-convoca

www.t-convoca.com.ar/
Grupo de traballo localizado en Bos Aires, Arxentina, adicado a difundir os aspectos teóricos e prácticos da tipografía organizando encontros, conferencias e charlas


Type Directors Club

www.tdc.org/
O Clube de Directores Tipográficos (TDC), creouse para proporcionar inspiración, investigación e educación e crear estándares en campos relacionados coa tipografía e as artes gráficas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.