Fundicións gratuitas

Fundicións dixitais que ofrecen gratuítamente o seu catálogo tipográfico ou parte del


!Exclamachine

www.exclamachine.com/
Páxina onde o autor e artista Choz Cunningham expón as súas tipografías para que todo o mundo as poida descargar gratuítamente. Posúe un marcado estilo caligráfico e experimental.


Aenigma

www.aenigmafonts.com/
Directorio de tipografías de funcionalidade decorativa, todas creadas por Brian Kent e con licencia Freeware. Están ordenadas alfabeticamente e pódense descargar en formato True Type.


Apostrophic Laboratories

apostrophiclab.pedroreina.net/
Aqui se poden descargar gratuitamente gran parte das tipografías creadas polo equipo de deseño de Apostrophic.


Astigmatic One Eye Typographic Institute

www.astigmatic.com/
Creada en 1996 por Brian J. Bonislawsky en Miami, Florida, Estados Unidos. Posúe orixinais alfabetos moi baratos e unha sección de tipografías gratuitas.


Blue Vinyl Fonts

www.bvfonts.com/
Colección de tipografías deseñadas por Jess Latham dende 1997. Algunhas son comerciais e outras pódense descargar gratuitamente.


Chank

www.chank.com/
Fundada en 1996 por Chank Diesel, esta compañía localizada en Minneapolis posúe unha gran selección de tipografías de pago e outras gratuitas.


Dieter Steffmann

www.steffmann.de/
Páxina deste deseñador de tipos alemán que ofrece unha gran cantidade de tipografías gratuítas, moitas cun marcado estilo medieval.


Dinctype

www.girlswhowearglasses.com/
Diane Dipiazza presenta unha pequena colección de tipografías de estilo retro para descargar gratuítamente.


Exljbris

www.josbuivenga.demon.nl/
Libraría tipográfica onde o deseñador nacido nos Países Baixos Jos Buivenga (LJB) mostra as súas pinturas e ofrece gratuítamente as tipografías deseñadas por el.


Fenotype

www.fenotype.com/
A fundición Fenotype distribue tipografías creadas por Emil Bertell e Erik Bertell. Algunhas teñen licencia comercial polo que se pode descargar unha versión demo. Outras son completamente gratuitas.


Flat-it

flat-it.com/
Tipografías gratis deseñadas por Ryoichi Tsunekaw a partir de 2005. Tamén posúe un extenso directorio de ligazóns tipográficas.


Floodfonts

www.floodfonts.com/
Proxecto de Felix Braden dende Colonia, Alemaña, onde podemos descargar gratuitamente varias tipografías deseñadas por el.


Font Diner

www.fontdiner.com/
Fundición dixital creada polo deseñador Stuart Sandler onde se poden comprar tipografías de estilo retro a un prezo realmente económico. Tamén ten unha sección de fontes gratuítas


Fontmonster

www.fontmonster.org/
Colección de tipografías gratuitas para descargar tanto en formato para Mac como para PC.


Fuelfonts

www.fuelfonts.com/
Fundición dixital que ofrece as suas tipografías con licencia shareware. Pódela probar libremente durante 30 dias e se che convence, pagar unha cantidade que varía según o uso que lle vaias a facer.


Larabie Fonts

www.larabiefonts.com/
Fundada por Ray Larabie en 1996, distribúe gratuitamente máis 300 tipografías en formato True Type. Nas versións en PostScript e OpenType hai que pagar un módico prezo.


Letterhead Fonts

www.letterheadfonts.com
Fundada polo deseñador Chuck Davis en Palmdale, California, Estados Unidos, está especializada en tipografías orixinais e únicas, apropiadas para titulares ou logotipos. Posúe varias tipografías de descarga gratuíta de gran calidade.


Misprinted type

www.misprintedtype.com/
O deseñador brasileiro Eduardo Recife distribue gratuitamente as suas propias tipografías xunto con outras de licencia comercial.


MRF (MAC Rhino Fonts)

www.macrhino.com/
Aínda que foi creada en 2003, o seu fundador Stefan Hattenbach estivo deseñando tipografías dende 1997. Trátase dun estudio independente que está especializado no deseño tipográfico ainda que tamén pode realizar traballos doutras disciplinas.


Pheist

pheist.net
Páxina personal da deseñadora alemana Stefanie Koerner onde mostra os seus mellores traballos. Posúe unha sección onde poder previsualizar e descargar algunhas tipografías creadas por ela, a maioría con licencia freeware.


Pizzadude

www.pizzadude.dk/
Creado en 1998 por Jakob Fischer e localizado en Copenhague, Dinamarca, pódense comprar moitas das tipografías comerciais deseñadas por Fischer e descargar outras de licencia gratuíta.


RobotJohnny

www.robotjohnny.com/fonts/
Nesta sección da súa web, John Martz ofrece gratuítamente varias tipografías creadas por el para o seu uso non comercial.


Rotodesign

www.rotodesign.net/
Entre outras cousas, o deseñador Patrick Broderick ofrécenos gratuitamente algunhas tipografías deseñadas por el.


Shamrocking

www.shamrocking.com/
Páxina dun namorado da tipografía e do Rock and Roll. Posúe unhas cantas tipografías para descargar gratuitamente.


SMeltery

www.smeltery.net/
Sitio onde Jack Usine nos ofrece as suas tipografías para descargar libremente


StereoType

www.stereo-type.net/
Fantástica colección de tipografías, algunhas demo e outras totalmente gratuitas, a maioría cunha apariencia sucia.


TFSCI Instituto Tipográfico

www.touristflag.com/lisa/tfframe.html
Instituto independente de desenvolvemento e distribución de tipografías orixinais. Todas posúen un xogo bastante completo de caracteres, compatibles con moitas linguas occidentales europeas e son de descarga gratuíta.


Typephases Design

www.typephases.com/
Estudio de deseño co ilutrador e deseñador gráfico freelance Joan M. Mas ao frente. Dispon dunha gran colección de tipografías (tanto de debuxos como de letras), algunhas gratuitas e outras de pago.


WC Fonts

www.wcfonts.com/
Fundada en 2005 polo deseñador gráfico Christophe Féray e localizda en Avignon e Nantes (Francia), esta pequena fundición contén tipografías que explotan a faceta máis expresiva e visual. Algunhas delas son gratuitas e outras de pago.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.