Tecnoloxías

Páxinas que tratan a tipografía dende un punto de vista tecnolóxico como a súa aplicación en páxinas web, xml, etcétera.


Fontsmack

www.fontsmack.com/
Colección de tipografías en formato swf (arquivos de flash coas tipos incrustadas) para descargar gratuitamente e poder empregalas enpáxinas web utilizando a técnica sIFR.


Meek FM

meekfm.org
Interpretación sonora da tipografía. Mediante un sintetizador e un software especial, diversos tipógrafos desenvolven simultaneamente sonidos e tipografías con resultados moi curiosos.


sIFR

www.mikeindustries.com/sifr/
A técnica sIFR (Scalable Inman Flash Replacement) permite poder empregar tipografías pouco comúns en páxinas web sen preocuparse de que o usuario as teña ou non instaladas no seu computador. Está baseada en flash, css e javascript.


Tex y tipografía

www.texytipografia.com/
Creada por Javier Bezos, inclúe amplia información sobre tipografía, maquetación e composición coa tecnoloxía Tex e LaTex (sistema de composición tipográfica a partir dun xml)


TEXT y tipografía

www.tex-tipografia.com
Impresionante páxina de Javier Bezos que abarca temas como a tipografía e ortotipografía ademáis de outros temas máis técnicos como TeX, LaTeX, XML, Unicode ou Omega.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.