Tipografías de píxeles

Sitios especializados en tipografías de píxeles ou que posúen unha sección adicada a elas


Atomic Media

www.atomicmedia.net/
Fundición tipográfica creada por Matthew Bardram especializada en tipografías de píxeles para Flash, Web ou teléfonos móbiles.


BitFont Maker

www.pentacom.jp/soft/ex/font/edit.html
Utilidade online para crear tipografías de estilo pixel. Posúe unha galería (BitFont Museum) onde se poden descargar gratuítamente as tipografías creadas.


Ductype

www.ductype.com/
Pequena fundición tipográfica independente especializada no estilo píxel. Foi creada por Ted Fröhlich, Kai Heuser, Nico Hensel, Ulf Germann e Robert Flubacher en 2004 en Alemaña.


miniml

www.miniml.com/
Colección de tipografías de pixel para vender todas nun único paquete ou por separado. Tamén posúen algunhas de descarga gratuíta.


Orgdot

www.orgdot.com/aliasfonts/
Colección de tipografías para pantalla creadas polo Orgdot Consortium listas para descargar gratuitamente


Pixelyn

www.pixelyn.net/
Danielle Huthart creou este pequeno sitio onde se poden baixar algunhas tipografías de estilo pixel entre outras cousas interesantes.


Pixietype

www.pixietype.com/
Fundición tipográfica situada en Bos Aires, Arxentina, onde o deseñador Hugo Perez comercializa as súas tipografías. Algunhas delas pódense baixar gratuítamente.


Proggy Fonts

www.proggyfonts.com/
Colección de tipografías monoespaciadas de estilo pixel para descargar gratuitamente. Están creadas especificamente para programadores e para utilizar en páxinas web.


Rittswood

www.rittswood.com/
Tenda de componentes para webs, entre elas unha selección de tipografías de pixel bastante interesante e a bo prezo.


Semplice

www.style-force.net/
Estudio creado por Michael Schmidt donde podemos ver os seus traballos e descargar gratuitamente varias tipografías de estilo pixel.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.