Como podo identificar unha tipografía?

Definicións desta palabra


1

glosario > Preguntas frecuentes

O sistema de identificación de letrag está baseado no de Identifont, e funciona respondendo unas preguntas sobre a súa forma (se ten serifas, se é regular ou irregular, se posúe algún tipo de decoración, etc). En caso de dúbida é mellor non responder seleccionando a opción “Omitir esta pregunta”. Segundo vaian pasando as preguntas vaise vendo arriba o número de paso no que estás, os pasos (ou preguntas) máximas que hai e a cantidade de tipografías que quedan que cumplen esos requisitos. En calquera momento podes saltar directamente á páxina de resultados clicando na ligazón “Ir directamente á páxina de resultados” ou esperar ata que haxa menos de 5 tipografías posibles ou se acaben os pasos polo que xa saltaría automáticamente. Unha opción para evitar pasos innecesarios é escribindo ó principio no campo “Filtrar” as letras que tes de mostra. Se, por exemplo, queres averiguar a tipografía do logotipo “TASCHEN”, escribindo esas palabras evitas as preguntas que se refiren a todas as letras minúsculas ou as letras maiúsculas que non sexan ningunha destas.

215 comentarios:

Dolce&Gabanna
www.dolcegabbana.it/

D&G


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.