Etiquetas: Thesis
Valoración: 3.03 (122 votos)

Deseñada por Luc de Groot, esta tipografía forma parte da macro familia Thesis, xunto coa TheSans e TheMix. As tres familias están deseñadas para convivir entre elas en calquera deseño coa única diferencia en que TheSerif posúe serifas, TheSans é unha tipografía de pao seco e TheMix unha mestura entre as dúas anteriores. As tres posúen unha ampla gama de pesos e figuras formando un conxunto de máis de 140 variantes. A familia TheSerif posúe unhas formas sobrias e moi obxectivas, cunhas serifas rectangulares de estilo exipcio. Algunhas delas están postas soamente a un lado da asta, dándolle certo carácter, como a do pe central do “m” ou a do “n”. Gracias aos seus bordes definidos, formas claras e a súa capacidade de combinación co resto de membros da Thesis, é unha opción axeitada para identidade corporativa, cubrindo todas as aplicacións posibles, tanto en papel, pantaia ou a tamaños máis grandes como en pancartas ou paredes de edificios.


209 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.