Etiquetas: Thesis
Valoración: 3.13 (154 votos)

Esta tipografía forma parte da macro familia Thesis, formada por TheSans (tipografía sen serifa), TheSerif (tipografía con serifa) e TheMix (unha mestura entre as dúas). Foi deseñada por Luc de Groot en 1996, posuíndo unha gran cantidade de pesos, aparte de capitulares e caracteres expertos. Toda a familia Thesis inclúe máis de 140 variantes distintas. As maiúsculas de TheMix non teñen serifa sendo idénticas ás da familia TheSans, mentres que as minúsculas si teñen serifas aínda que non en todos os sitios. A maioría dos remates inferiores non teñen remate, só as letras “a”, “b”, “q” e “u”, mentres que os remates superiores si teñen remate, aínda que tamén hai certas excepcións. O “g” ten unha forma distinta á TheSans e á TheMix, sendo o caracter que máis se diferencia xa que posúe unha cola torcida cara a esquerda, en vez dun ollal pechado. O seu deseño está pensado para que as tres familias poidan estar combinadas incluso na mesma palabra sen case notar a diferencia.


318 comentarios:

jose
el_angelgris@hotmail.com

muy buena! me gusto mucho.

benjamin enriquez
benjamin@neored.com

es una tipografia muy limpia y super legible

Nombre

esta muy buena por la cantidad de variables!! la use recientemente.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.