Tipografía baseada na romana de Nicholaus Jenson, tipógrafo francés nacido en 1420 en Sommevoire. En 1461 emigrou a Italia, establecéndose en Venecia, o centro do desenvolvemento tipográfico e humanístico. Alí utiliza a súa romana por primeira vez para imprimir Evangelica Praeparatione de Eusebius. En 1472 utiliza a mesma romana para imprimir Historia Natural de Plinio. As súas clásicas proporcións e meticulosa precisión así como a harmonía nos seus caracteres fan que a romana de Jenson sexa unha das máis grandes tipografías deseñadas nunca. Os espléndidos traballos de Jenson serviron de base para moitos outros deseñadores, incluso do século XX, como Willam Morris e os seus seguidores, que redescubriron a importancia decisiva do francés na historia da tipografía.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)