Valoración: 3.05 (106 votos)

Trátase dunha adaptación moderna da época do renacemento veneciano, deseñada por Bruno Maag durante os anos 1988-1989. A súa fluidez evocadora da pluma caligráfica e os seus caracteres ricos en formas dótana dunha lexibilidade magnífica. Posúe unha variante de caracteres expertos moi útil para libros ou outras aplicacións con grandes extensións de texto. Ideal para imprimir grazas ás súas raíces renacentistas e toques humanísticos cunha elegancia fora de toda dúbida. Combinación xenial de modernidade e historia que consegue darlle vida a calquera páxina.


140 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.