En 1952, Aldo Novarese e Alessandro Butti deseñaron para a fundición Nebiolo a tipografía Microgramma, que gozaría dunha gran popularidade como letra de exhibición e publicidade, aínda que só posuía maiúsculas. En 1962 Aldo Novarese ampliaría a gama de caracteres engadíndolle as minúsculas e a fundición trocoulle o nome a Eurostile. O seu deseño está relacionado coa época na que se produce en vez de cos clásicos de épocas anteriores. A súa aparencia a base de formas rectangulares cos bordes redondeados reflexa o espírito e deseño dos anos 50 e 60 como as pantaias de televisión, os coches, trens ou edificios modernos. Envolve ó texto cun aura tecnolóxica e funcional moi válido para aplicacións de exhibición e pequenos bloques de texto.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)