Valoración: 3 (208 votos)

Os orixes desta tipografía datan do ano 1495. A imprenta de Aldus Manutius, en Venecia, utilizou esta romana deseñada por Francesco Griffo para imprimir “De Aetna”, libro de Pietro Bembo onde conta a súa visita ao Monte Etna. A Bembo está considerada como unha das primeiras tipografías antigas aparecidas xunto coa Garamond, e a súa importancia foi tan grande que o desenvolvemento da tipografía sería impensable sen ela. En 1929, a Monotype Corporation en Londres utilizou esta romana como modelo para un proxecto de Stanley Morison que daría como resultado a Bembo. Fixo algúns cambios ás formas do século XV. Modificou o “G” maiúsculo e na versión itálica, en vez de utilizar a orixinal que Aldus Manutius tiña en mente, escolleu unha sacada dun libro escrito en 1524 por Giovanni Tagliente en Venecia. As maiúsculas itálicas están baseadas en formas romanas. A Bembo é unha tipografía que a pesar do seu estilo antigo ou old style, posúe unha alta lexibilidade grazas ás súas formas proporcionadas e serifas funcionais. A súa beleza clásica faina apropiada para infinidade de usos.

Ligazóns


248 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.