Valoración: 3.02 (133 votos)

Esta tipografía deseñada por Robert Slimbach en 2000 para Adobe foi creada na honra de John Warnock, co-fundador de Adobe Systems cun espírito visionario que acadou os maiores avances tecnolóxicos nos sistemas de publicación e software de deseño. A familia está completamente equipada con capitulares e caracteres cirílicos e gregos, cunha impresionante variedade de pesos e tamaños ópticos. Trátase dunha familia clásica moi flexible e funcional que tamén lle aporta unha especial elegancia ó texto grazas aos seus trazos de orixe caligráfica.


340 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.