Valoración: 3.05 (117 votos)

Deseñada por Morris Fuller Benton en 1901, esta tipografía gótica foi lanzada co nome de Wedding Text pola American Type Founders en Jersey City. As súas formas, típicas das tipografías coñecidas como Old English ou “Textura” do século XIX, foron cortadas a man. Obtivo tanto éxito que pronto comezaron a saír réplicas doutras fundicións con outros nomes. Stempel, por exemplo, sacou a Elite Kanzlei e C.F. Rühl fixo o mesmo coa Comtesse. A fundición Linotype recuperouna en 1924 co nome de Linotext. As súas formas ornamentais non son moi lexibles polo que a súa aplicación redúcese a titulares, diplomas, invitacións, publicidade ou pequenos bloques de texto cun tamaño mínimo de 12 puntos.


154 comentarios:

SHOLO

CHILO


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.