Tipografía publicada en 1875 pola fundición C.E. Weber e pensada para ser utilizada en titulares de libros, periódicos e anuncios. Fette Fraktur (que significa “Negriña fracturada”) converteuse nunha das tipografías de estilo gótico máis utilizadas no século XX. Está composta por elementos redondeados, liñas rectas e ángulos. As maiúsculas teñen unha ornamentación moi característica. Este estilo fracturado foi o principal de Alemaña durante centos de anos, dende o renacemento ata a II Guerra Mundial. A mestura de estilos queda patente na ornamentación das maiúsculas e minúsculas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)