Valoración: 3.09 (126 votos)

Tipografía de licenza libre que forma parte da macrofamilia Vera, formada por Vera Serif, Vera Sans e Vera Sans Mono. Foi deseñada por Jim Lyles para Bitstream e está baseada na Prima, tamén creada por el en 1997. Posúe un excelente hinting que a converte nunha excelente opción para empregar en monitores e outros medios de baixa resolución. A súa licenza permite que outras persoas a amplíen e perfeccionen e poidan distribuír libremente os resultados, como fai por exemplo o proxecto DejaVu. No momento en que se escribe este texto, está na versión 1.10 sacada en abril de 2003.

Ligazóns


245 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.