Valoración: 3.08 (224 votos)

Deseñada por Dennis Pasternak entre os anos 1994 e 2002 para a fundición dixital Galápagos Design, situada en Massachusetts, Estados Unidos. Está inspirada nas letras manuscritas creadas por Oswald Cooper para un anuncio de 1909. Ao mesmo tempo, Cooper inspirouse para o seu deseño nas letras dos epígrafes gregos que estaba estudiando e que tanto admiraba, combinándoas cunhas formas e un estilo máis actual. O resultado foi unha letra moi atractiva con sutís irregularidades grazas aos trazos de pincel que lle aportan unha calidez e harmonía singulares exhibindo ao mesmo tempo un gran ritmo e unha cor uniforme en todo o texto. Dennis decidiu ampliar a familia con tres pesos distintos acompañados coas súas respectivas itálicas, tendo en conta ademais as distintas resolucións nas que pode ser empregada, como as da pantaia do computador ou papel pero sen perder as características do deseño orixinal de Cooper. O seu nome deriva da palabra “maiandros” que significa “meandro”, provinte do grego, que se refire á curva regular descrita por un río. Foi como se chamou orixinalmente o río Büyük Menderes, que sempre asombrou aos gregos pola súa forma de avanzar serpeando. Funciona ben en aplicacións formais como textos largos ou noutras aplicacións máis informais como publicidade, correspondencia e titulares. Comentou Dennis que “un gran uso para a Maiandra está en impresos relacionados co período do movemento Arts and Crafts, tanto soa como con deseños que complementen as súas formas e cor”.


333 comentarios:

Argentino
infatino@hotmail.com

Sobria pero de perfecta legibilidad

Aradenatorix V.
aradnix@gmail.com

Es bonita y de buena legibilidad en cuerpos pequeños, pero no me convence como tipo de lectura corrida, me gusta más para carteles o para algún diseño publicitario.

Anónimo

preferia que seu trabalho fosse além de bem apresentável, ascesível aos estudantes. Assimdenada eles mevalem.

Nombre

Está bonita, me gusta mucho para un logo que tengo pensado... =)

luisdelbar®
http://luisdelbar.blogspot.com


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.