Profile


Deprecated: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters in /var/www/letrag.com/www/letrag/www/plantillas/v6/contido_tipografia.php on line 46
Martin Wenzel (1999)


Etiquetas:
Deprecated: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters in /var/www/letrag.com/www/letrag/www/plantillas/v6/contido_tipografia.php on line 62
FontFont
Valoración: 3.08 (177 votos)

Creada polo deseñador alemán Martin Wenzel en 1999 para FontFont. Segundo Wenzel “quixen facer unha tipografía seria, por iso me trasladei dende Berlín a estudiar tipografía e deseño gráfico en Hague. E a Profile é o que quería”. O certo é que se trata dunha tipografía moi atractiva, onde se unen formas clásicas cun tratamento máis contemporáneo e actual. Os seus trazos teñen unha aparencia moi humana, cun mínimo contraste, conseguindo unha tipografía moi lexible a tamaños pequenos pero cunha gran personalidade en titulares. Posúe uns remates en ángulo e unhas proporcións clásicas moi singulares. As versións en cursiva son verdadeiras, non se trata dunha simple inclinación da redonda. O espaciado entre os caracteres está coidadosamente tratado: as versións máis pesadas (Bold, Black) teñen menos interletrado que as máis lixeiras. Wenzel inverteu moito tempo en optimizar e perfeccionar os anchos e a táboa de kerning. Os primeiros deseños fixéronse en 1995, a maioría debuxados directamente no computador, e durante os catro anos seguintes, a familia sufriu numerosos cambios e redeseños ata a versión definitiva que consta de cinco pesos distintos con numerosas variantes como capitulares, números especiais, caracteres matemáticos, símbolos, etcétera.


96 comentarios:

alejo
ideas85@hotmail.com

gracias


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.