Unha das primeiras tipografías coa licenza OFL (Open Font License, Licencia de tipografía aberta), creada especificamente para potenciar o nacemento e crecemento dunha verdadeira comunidade tipográfica. Esta licenza proporciona a infraestructura e marco xurídico necesario para o desenvolvemento tipográfico mundial, compartindo e mellorando o deseño de alfabetos. A palabra Gentium significa en latín “pertencente ás nacións” e iso é precisamente o que se pretende coa súa creación: unha tipografía unicode gratuíta que abarque os milleiros de idiomas existentes no mundo. Esta foi deseñada por Victor Gaultney para SIL International, buscando principalmente a alta lexibilidade, un uso económico do espazo e unha aparencia atractiva. A Gentium foi gañadora dun “certificado da excelencia no deseño da tipografía” en dúas competicións internacionais: bukva:raz! (2001) e TDC2003 (2003). O conxunto de letras, pese a pertencer a distintos idiomas crean unha gran harmonía. Creouse tamén unha versión alternativa moi parecida á orixinal pero con algúns signos diacríticos redeseñados para que se combinen mellor entre eles e facela máis apropiada para algúns idiomas como o vietnamita. A tipografía está evolucionando constantemente polo que nun futuro está previsto que saia a versión Bold e incluso unha versión sen serifas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)