Etiquetas: Titulares
Valoración: 3.16 (97 votos)

Despois do éxito acadado en 1990 coa Bodega Sans, Greg Thompson decidiu deseñar dous anos despois esta versión con remates. A Bodega Serif posúe as mesmas variantes de grosor e estilos que a Bodega Sans, pero con serifas e un maior contraste entre os paus, proporcionándolle unha interesante aparencia Art Decó. As súas letras, igual que na versión Sans, posúen unhas proporcións moi estreitas, que unidas ás singulares formas xeométricas que as forman fana moi apropiada para publicidade, titulares e calquera emprego de exhibición.


222 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.