Deseñada en 1937 polo artista francés Adolphe Mouron Cassandre para a fundición Deberny & Peignot, esta tipografía é un produto da chamada “nova tipografía” á cal contribuíron varios artistas da Bauhaus como Moholy-Nagy. Este orixinal xiro de torca na busca do alfabeto universal comercializouse nun principio en tres grosores distintos. A súa principal característica é a maneira en que as minúsculas foron creadas, prescindindo de calquera distinción coas maiúsculas, agás nas letras “b”, “d” e “f”. A pretensión de Cassandre era a construcción dun novo alfabeto minúsculo mediante a simple adición de trazos ascendentes e descendentes ás formas das maiúsculas, chegando desa maneira a unha forma máis pura de deseño. O certo é que se levou un pequeno desengano vendo o fracaso que tivo como tipografía de texto, utilizándose máis en carteis e publicidade.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)