Etiquetas: ATF, Estados Unidos, Francia
Valoración: 2.91 (136 votos)

Tipografía deseñada polo tipógrafo Richard Isbell en 1965 para a American Type Founders en homenaxe ao bicentenario dos Estados Unidos, de aí o seu nome. Esta romana de estilo transicional posúe uns caracteres moi redondeados cunha gran altura do “x” e uns amplos espazos internos. Os seus trazos teñen unha aparencia moi lixeira con remates de forma triangular. Estas formas apareceron por primeira vez no século XIX en Francia, inspiradas nos progresos acadados pola litografía que permitiu unhas formas máis libres. Moi apropiada en textos curtos, publicidade, titulares e calquera outra aplicación de exhibición.


152 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.