Valoración: 3.07 (121 votos)

Creada polo deseñador inglés Alan Birch en 1981, o seu nome débese ás iniciais de “Liquid Crystal Display” (pantalla de cristal líquido), un tipo de pantalla moi común en reloxos dixitais. Os seus caracteres están formados por unha sinxelísima retícula composta por 2 trazos verticais e 3 horizontais con algunhas excepcións de trazos diagonais. No seu tempo transmitía unha sensación futurista e de alta tecnoloxía. Hoxe, debido á evolución das novas tecnoloxías ten unhas connotacións máis retro.


173 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.