Valoración: 3.03 (127 votos)

Deseñada pola fundición American Type Founders (ATF) en 1920, está baseada nos grandes tipos de madeira de estilo americano que foron moi populares na publicidade do salvaxe oeste. As súas serifas grosas e ornamentadas e as formas aguzadas que posúen os trazos verticais na metade da súa altura outórganlle unha aparencia moi característica e singular. Esta tipografía, composta unicamente por caracteres maiúsculos, débese empregar a tamaños moi grandes.


118 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.