Valoración: 3.07 (123 votos)

Esta tipografía, creada por Michael Want e Richard Kegler para o Museo de Arte de Filadelfia, foi publicada pola fundición P22 en 1996 converténdose nunha das súas tipografías máis populares. Está baseada na escritura dun dos artistas franceses máis influentes: Paul Cezanne. Os seus trazos soltos reproducen fielmente a caligrafía cursiva do artista. Posúe unha aparencia moi intrigante que desafía os estereotipos da típica tipografía caligráfica resultando moi chamativa e natural. Detalles como a barra alargada do “t” minúsculo ou o gran lazo que forma o “b” fan que sexa unha elección común en moitos deseñadores. Ademais deste alfabeto tamén se desenvolveu a variante Cezanne Sketches (bosquexos) que recrea unha gran variedade de imaxes do traballo de Cezanne. En 2005 e coa colaboración de James Grieshaber, a fundición sacou unha versión revisada, Cezanne Pro, engadíndolle caracteres para máis idiomas, ligaduras, ornamentos e outras figuras moi interesantes.

Ligazóns


243 comentarios:


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.