Deprecated: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters in /var/www/letrag.com/www/letrag/www/plantillas/v6/contido_tipografia.php on line 46
Kurt Weidemann (1983)
Esta tipografía, orixinalmente chamada Bíblica, foi encargada no século XV pola German Bible Society en ocasión da primeira tradución da Biblia patrocinada polas autoridades das igrexas católicas e protestantes alemás. Como as biblias precisaban dunha tipografía que acollera moito texto nun reducido espazo, o deseño resultou ser moi lexible a tamaños pequenos e moi económico en canto a requisitos de espazo. Kurt Weidemann, coa axuda do seu colega Kurt Strecker modificou a tipografía orixinal creando unha familia enteira de pesos e estilos. Baseou o seu deseño nas tipografías venecianas polas súas serifas, contraste de movementos e formas dos seus caracteres que satisfixeron as súas necesidades de beleza e lexibilidade. En 1983, a International Typeface Corporation cambioulle o nome a ITC Weidemann.