Divertidísima tipografía de debuxos que contén unha colección de extraños persoeiros realizando as súas actividades diarias. Foron sacados directamente da libreta de bocetos de Typephases, un estudio de deseño fundado polo ilustrador e deseñador Joan M. Mas, especializado en tipografía, ilustración e deseño web. O estilo de PsycoPaths, nada refinado nin pulido, reforza a comicidade e resulta moi efectivo, abarcando un gran número de situacións distintas. Perezosos, inxenuos, imprevisibles, repugnantes, tolos, bonitos, impertientes… segundo os seus creadores, serás responsable do seu comportamento de agora en adiante, tan pronto os descargues, que por certo, é gratis.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)