A tipografía Plantin foi deseñada por Frank Hinman Pierpont en 1914 e foi chamada así pola imprenta que Christophe Plantin estableceu en Amberes e en cuxos tipos se baseou. Sobre todo nos deseños que Robert Granjon creo para esta imprenta. Foi deseñada para economizar o papel, polo que posúe una grande altura do “x” e está lixeiramente condensada. Trátase dunha tipografía excepcionalmente lexible e que aporta unha aparencia moi elegante e clásica. A forma dos paus e as serifas dálle un aspecto máis forte e sólido que á maioría das tipografías similares. A versión Bold proporciona un gran contraste. A ausencia de elementos moi finos garante un bo resultado en papeis sen estucar, polo que resulta perfecta en periódicos e libros.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)