Tipografía deseñada por Wilhelm C. Pischner en 1928 para a fundición Stempel e engadida por Linotype-Hell AG en 1966 como tipografía para textos longos e precursora do deseño corporativo de Siemens. O seu nome, traducido do alemán significa “novos tempos”. Trátase dun deseño híbrido entre tipografía grotesca e xeométrica moi pouco común. As formas redondeadas son anchas e circulares, mentres que outros caracteres aparecen levemente condensados. A letra “J” tamén ten unha forma moi singular. Moi útil para textos curtos cunha aparencia forte e obxectiva, lexible incluso en papeis de baixa calidade.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)