Deseñada por Herb Lubalin e Antonio DiSpigna en 1972 para a International Typeface Corporation. Nun principio soamente se deseñou a versión Regular e Bold, e en 1974, DiSpigna ampliou a familia coas versións Light, Extrabold, Heavy e Black. A súa característica principal radica nas súas serifas únicas, que combinan sabiamente a simplicidade dun tipo sen serifas coa elegancia romana tradicional. Unha tipografía moi flexible para publicidade, empaquetado e titulares.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)