Etiquetas: Xornais, Titulares, Bauer

Deseñada por Konrad F. Bauer e Walter Baum no ano 1957, foi publicada en varios pesos e tamaños pola fundición Bauer durante os anos 1957 ata o 1962. Foi deseñada na mesma época que a Helvética, e en moitos aspectos son moi parecidas. Existen tamén moitas diferencias entre elas como o “a” minúsculo ou a “G” e “Q” maiúsculos. Tamén garda unha certa similitude coa Akzidenz Grotesk tanto no seu estilo coma no seu uso, xa que tamén é moi popular como tipografía para titulares de periódico. Unha moi boa opción cando se desexa un deseño limpo e claro pero sen caer na sobreutilizada Helvética.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)