Tipografía deseñada por Sumner Stone en colaboración con Bob Ishi de Adobe en 1987. Tanto o apelido Stone en inglés como Ishi en xaponés significan “pedra” polo que non houbo ningún tipo de discusión sobre qué nome levaría a letra. A familia Stone está deseñada para solucionar os problemas de mesturar varios estilos distintos nunha mesma páxina. Estes tipos combinados ao non estar deseñados para estar xuntos, teñen características radicalmente distintas como a altura das maiúsculas, pesos e proporcións. A familia Stone consta de tres estilos distintos (Sans, Serif e Informal) adecuados para ser combinados entre si. En 1992, John Renner deseñou os caracteres fonéticos para as versións Sans e Serif. Máis de 300 novas letras, marcas diacríticas, históricas e oficiais abarcando as usadas pola Asociación Fonética Internacional foron engadidas. Esta tipografía é moi apropiada para diccionarios, textos lingüísticos e calquera outro impreso onde os fonemas precisen ser representados. A Stone Sans é unha tipografía moderna, dinámica e lexible, útil para todo tipo de impresos como libros, boletíns ou empaquetados.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)