Esta tipografía foi deseñada por Robert Slimbach e Carol Twombly xunto con Fred Brady, Christopher Slye e o persoal de deseño de Adobe no ano 1992. Posúe unha lexibilidade, calidez e comodidade propios das tipografías sen serifas humanistas pero combinadas con sutís formas xeométricas e unha cor monótona. O seu axuste preciso, extensos pares de kerning e as formas claras e limpas convértena nunha opción excelente para texto. A finais dos anos 90 ampliouse a familia creando a Myriad Pro. Engadíronselle caracteres gregos, cirílicos e centroeuropeos, figuras Old Style e varios pesos e anchos que lle proporcionan unha ampla gama de cores para o deseño máis esixente.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)