Creada por Adrian Frutiger en 1984, a Versailles está baseada nas tipografías latinas francesas de finais do século XIX, caracterizadas por posuír unhas serifas triangulares e fortes. A influencia máis directa para este deseño está nas escrituras da parte posterior do monumento en memoria a Charles Garnier, arquitecto da Ópera de París. Esta tipografía clásica cun estilo distintivo é moi útil para publicidade, carteis, titulares e bloques curtos de texto, transmitíndolle un aspecto forte e elegante.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)