Deseñada en 1982 por Kris Holmes e Janice Prescott para Compugraphic, esta tipografía é unha sen serifa humanista, cuns trazos lixeiramente máis anchos nos remates que recordan á Optima. A súa característica máis salientable está na forma tan singular da cola do “Q”. A versión Book resulta apropiada para textos de lonxitude curta ou media mentres que as versións máis pesadas proporcionan un bo contraste en titulares e textos destacados.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)