Deseñada por Roland John Goulsbra en 1994 esta tipografía que emula a letra dun neno foi publicada xunto coa Agrafie na Take Type Library de Linotype despois de participar no Linotype’s International Digital Type Design Contests (Concurso Internacional de Deseño de Tipografía Dixital de Linotype). A Alexie pódese considerar como unha extensión da Agrafie á que se lle engadiron as minúsculas tachadas e os números representados por paus.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)