Valoración: 3.05 (311 votos)

Unha das tipografías máis admiradas e usadas de Hermann Zapf. Deseñouna en 1948 baseándose nas formas clásicas do renacemento italiano. En 1950 foi cortada por August Rosenberger para a fundición Stempel AG en Frankfurt e posteriormente adaptada para a máquina de composición de Linotype. As súas liñas e formas clásicas foron optimizadas para conseguir un bo resultado nas máquinas de impresión do século XX e unha lexibilidade sobresaliente incluso en tamaños pequenos e papeis de baixa calidade. O seu nome escolleuse na honra de Giambattista Palatino, un dos grandes calígrafos do renacemento. Hoxe en día pódese considerar como unha obra clásica moderna, que funciona tanto en titulares como en texto aínda que Zapf deseñáraa nun principio para ser empregada en tamaños grandes.

Ligazóns


340 comentarios:

Nombre

Deberían poner la descripción de la familia a la cual pertenece cada tipografía, pero esta bueno el site eh!


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.