Valoración: 3.34 (244 votos)

Carlos Núñez, director creativo desta tipografía comezou a traballar nela en 1989 rematando 6 anos despois no estudio Variografik de Vigo. O que se pretendía coa creación da Gallaecia Castelo era darlle a Galicia unha tipografía propia. Algo que xa tiña en forma de gravados na pedra de castelos, igrexas, lápidas ou códices monacais onde se deixou ver ao longo da historia aínda que non existía unha idea clara de por que se escribía deste xeito e non doutro. En palabras de Carlos Núñez “É posible que o canteiro que esculpiu as letras do dintel do Pórtico do Mestre Mateo nunca foi coñecedor de que na súa alma gardaba a xeometría da obediencia da letra uncial grega, a disciplina do alfabeto ulfial visigótico e o sentido espacial da letra rúnica vikinga; o noso canteiro esculpía a letra oficial, a do reino de Gallaecia”. O certo é que na elaboración desta letra foi necesario facer un estudio evolutivo remitíndose ata máis de 13 séculos de historia, usando máis de 200 fotografías de textos gravados en pedra. “Entre a gran riqueza epigráfica de Galicia salientaría este tipo de letra na igrexa de San Pedro de Rocas, en Ourense, no Pórtico da Gloria, na catedral de Santiago e no Pórtico do Paraíso, na catedral de Ourense, ou nas igrexas de San Fiz de Salovio e Vilar de Donas, en Santiago e Cuntis”, explica Núñez. O resultado definitivo é un alfabeto de trazo moderno rexistrado industrialmente en 1997.

Ligazóns


595 comentarios:

carlos núñez
carlos@variografik.com

Moitas gracias por recoller na vosa páxina o comentario do que representa a evolución dos rasgos dunha letra propia. En outro momento habería que falar de cómo a historia dun país incide na herdanza dos seus símbolos gráficos. Atentamente, a vosa disposición. Carlos Núñez "le Vieux".

jerav
jerav_rice@msn.com

muy buena pagina

Oscar

Lo siento pero la Gallaecia Castelo no tiene licencia freeware por lo que no está disponible para descargar de forma gratuita.

Anónimo

Sinceramente, la ausencia de una licencia libre le resta cualquier interés a la página

strawjam
strawjam@strawjam.com

Existe una muy similar que se distribuye gratuitamente. Se llama Gallaecia (a secas): www.dafont.com/gallaecia.font

Trasno

En su dia lo regaló la Voz de Galicia con el periodico, con un programa P2P seguro que lo localizais, yo la tengo pero no se por donde (en algun cd)

Anónimo

Pódese empregar sen ningún tipo de restricción? como se comenta máis arriba non ten licencia libre, que implicación pode ter isto se se usa?

Tamén me gustaría saber se formou parte do estudo as grafías de Castelao e outra xente, xa que polo que vin parece a representación tipográfica e cultural da igrexa (clero), que me dicides disto?

De todos os xeitos paréceme un bo traballo itentitario, eu emprego este tipo de letra, pero gustaríame saber un pouco máis.

Un saúdo.

Oscar

En realidade, a tipografía non se puxo para descargar gratuítamente por Carlos Núñez pero si que foi posta para descargar nalgunhas páxinas web e como ao seu creador non lle importa que se distribua dese xeito, poño esta ligazón para descargar.

Polo que comentas do clero, o certo é que a maioría dos estilos tipográficos que temos hoxe en día estan herdados da igrexa. Ten en conta que os monxes eran os que escribian e copiaban os libros. E coa aparición a imprenta os tipos móbiles estaban baseados nestas letras (tipografías góticas, chancerelescas, humanísticas, etc). A tipografía de Castelao foi un deseño que fixo inspirado no estilo celta pero carece do rigor histórico da Gallaecia Castelo.

Liberdade

O autor se non ten inconveniencia en poñela libre, ¿por qué no no fai? Existen moitas licencias axeitadas (Creative Commons, por exemplo), incluso pode deixala en "dominio público". Non costa ningún traballo e lle daría posibilidade de estar integrada en moitas ferramentas e sistemas.

testaquente
o.cabanon@gmail.com

A ligazón da fonte non existe e a fonte da páxina de Dafont é moi semellante pero non tan xeitosa. Tras dar moitas voltas atopei un arquivo zip que inclue 9 fontes galegas, entre elas a famosa GALLAECIA CASTELO. Velaquí o tendes:http://www.mediafire.com/download.php?lmt9dzdydnm. Se a ligazón non furrula, podédesme escribir o meu correo e vola mando ou subo de novo. Eu baixei o .zip hoxe (15 maio 2009)

queimacasas

Deus cho pague, con fillos ou que sexa, testaquente, a ligazón segue funcionando a 30 de xuño de 2009

Nombre

Moitas gracias polo novo enlace. Boa recopilación.

coquepellejo

ese pedazo de link testaquente!!
muchisimas gracias, link activo a 30 de sep 2009

nieves

A páxina da Nova Outubro que antes estaba en Geocities está agora en

http://novaoutubro.blogspot.com/

Ten muita difusión e é de uso libre

Nombre

Grazas, grazas, grazas. O enlace segue activo a 15 de marzo de 2010

mariveh
mari-veh.com

mil grazas testaquente!!!!

Nombre

obrigado


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.