Valoración: 3.2 (127 votos)

A Sezession foi un movemento formado en Viena en 1897 que contaba con membros como Gustav Klimt ou Koloman Moser e que evolucionaría ata formar en 1903 o Wiener Werkstäte (O Taller Vienés) adoptando ideas do Arts & Crafts e do Art Noveau. Esta tipografía deseñada por Paul Shaw está inspirada nas letras desa época. Kolo era o alcume de Koloman Moser, principal referente tipográfico dentro dese grupo. As súas formas responden a unha época máis avanzada dentro deste movemento, cun estilo máis xeométrico, en contraposición ás formas máis floridas e orgánicas creadas ao principio. Aínda que non ten variantes de peso, posúe tres variantes de ancho ademais dunha versión alternativa. Ideal para usar en proxectos con estética do período secesionista.


203 comentarios:

Anónimo

muy claro y sintetisado la historia tipografica.

Lois
cudalois@gmail.com

Hola, moi boas a todos.
Busco unha tipografía que fai tempo vin nesta paxina. É unha tipo propia da cidade da Coruña. Modernista e eu creo que era decorativa. Non a podo encontrar ( e mira que busquei), agradecería a vosa axuda.
Graciñas


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.